Caldelá
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A caldelá é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, con 1 636 exemplares (2022). A raza caldelá ten un temperamento tranquilo e polo tanto é boa para a súa utilización para o traballo. É unha raza típica da provincia de Ourense e o seu nome provén de Castro Caldelas, concello que é centro xeográfico da raza.
Remove ads
Morfoloxía e datos produtivos
Agrupa animais de perfil recto, eumétricos e mediolíneos, de cabeza proporcionada con fronte plana e ancha, cornos xeralmente en gancho, pescozo curto, cruz elevada e liña dorsolumbar algo cóncava, peito amplo, tórax profundo e costelares estendidos. As extremidades son finas, con articulacións rectas e nádegas escasamente desenvolvidas. Os tetos son grandes e simétricos. O talle á cruz oscila entre os 125 e os 155 cm e o peso medio é de 500 kg para as femias e de 700 kg para os machos.
Os animais de raza Caldelá teñen un temperamento tranquilo que conduce a unha grande docilidade, e polo tanto, a un bo manexo e a súa consecuente utilización para o traballo.[1] Trátase de animais rústicos, de grande aptitude maternal e temperamento tranquilo, características que conducen a unha grande docilidade e a un excelente manexo.[2]
As canais teñen boa conformación e son moi compactas, proporcionando uns rendementos arredor do 49%. Esta carne presenta uns niveis adecuados de proteína de alta calidade, con elevados contidos de aminoácidos esenciais como treonina, valina, lisina e fenilalanina. [2]
A carne non é excesivamente graxa, pero a súa distribución é adecuada, con valores de graxa intramuscular que superan o 2%. Proporcionándolle previamente unha maduración apropiada obtéñense unhas características organolépticas excelentes, dando lugar a unha carne saborosa, xugosa e tenra. [2]
Remove ads
Usos e sistemas de explotación
O uso principal é para produción de carne. Non se trata dunha raza produtora de carne cuantitativamente, senón cualitativamente. Os xatos teñen unha grande calidade natural e poden alcanzar ata os 150 kg/canal ao destete ou, se se comercializan máis tarde, pódense obter rendementos superiores ao 50%. [3]
Explótase habitualmente en sistemas mixtos de estabulación e pastoreo. A alimentación oscila en función da época do ano, que pode ser herba do prado, feo e algunhas raíces subministradas nos períodos de estabulación, así como pastos naturais cando o gando permanece continuamente en extensivo. [3]
Esta raza resulta idónea para explotacións en réxime extensivo, xa que son capaces de facer un bo aproveitamento dos recursos pastables de alta montaña na súa maioría. [2]
Remove ads
Evolución da poboación

Gráfica de evolución demográfica da vaca caldelá entre 2009 e 2022 |
![]() |
Datos segundo a aplicación ARCA do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.[4] |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads