Valina
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A valina (abreviadamente Val ou V)[3] é un α-aminoácido coa fórmula HO2CCH(NH2)CH(CH3)2. A L-valina é un dos 20 aminoácidos que forman parte das proteínas. Pola súa cadea lateral alifática clasifícase como aminoácido hidrófobo ou non polar. Xunto coa leucina e isoleucina, a valina é un aminoácido coa cadea lateral ramificada. Os seus codóns son GUU, GUC, GUA, e GUG. É un aminoácido esencial, xa que o noso metabolismo non o pode sintetizar e debemos tomalo na dieta.

O seu nome vénlle da planta valeriana (Valeriana officinalis).
Remove ads
Biosíntese
Como a valina é un aminoácido esencial os alimentos da nosa dieta deben incluíla, normalmente como compoñente das súas proteínas. Abunda no queixo fresco, peixe, aves, cacahuetes, sementes de sésamo, e lentellas. As plantas poden sintetizala en varios pasos a partir do ácido pirúvico. A parte inicial desta vía metabólica tamén serve para producir leucina. O intermediato α-cetoisovalerato sofre unha aminación redutiva con glutamato. Entre os encimas implicados nesta biosíntese están:[4]
- Acetolactato sintase (tamén coñecido por acetohidroxiácido sintase).
- Acetohidroxiácido isomerorredutase.
- Dihidroxiácido deshidratase.
- Valina aminotransferase.
Remove ads
Síntese
A valina racémica pode sintetizarse por brominación do ácido isovalérico seguida de aminación do α-bromo derivado[5]
- HO2CCH2CH(CH3)2 + Br2 → HO2CCHBrCH(CH3)2 + HBr
- HO2CCHBrCH(CH3)2 + 2 NH3 → HO2CCH(NH2)CH(CH3)2 + NH4Br
Degradación
Na degradación oxidativa da valina orixínase succinil-CoA, polo que é un aminoácido glicoxénico.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads