Caldithrix
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Caldithrix é un xénero de bacterias termófilas e anaeróbicas que son difíciles de asignar a algún dos filos bacterianos existentes, que comprende ata o momento dúas especies[1]. Segundo o Proxecto The All-Species Living Tree Caldithrix é un membro das Sphingobacteria (da clasificación de Cavalier-Smith),[2] mentres que na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) inclúese un grupo sen clasificar dentro das Deferribacterales,[3] e na taxonomía do NCBI considérase unha bacteria non clasificada.[4]
Caldithrix abyssi foi a primeira especie do xénero descrita, atopada nunha cheminea hidrotermal profunda da dorsal mesoatlántica, e é moderadamente termófila (óptimo a 60 °C) e estritamente anaeróbica. É un bacilo gramnegativo, que pode crecer como quimioorganoheterótrofo fermentando substratos proteináceos ou piruvato ou respirar utilizando como doante de electróns o hidróxeno ou o acetato e como aceptor o nitrato. Reduce o nitrato. As análises xenéticas non a asocian de forma inequívoca cun filo determinado.[5]
Caldithrix palaeochoryensis foi atopada en sedimentos xeotérmicos quentes mariños nun sistema hidrotermal en augas de Grecia. Foi a segunda especie do xénero atopada e ten características metabólicas similares ás de C. abyssi e pode presentarse como bacilos illados ou formar grandes agregados.[6]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads