Call Me by Your Name (novela)
novela de André Aciman From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Call Me by Your Name é unha novela estadounidense de 2007 escrita por André Aciman e distribuída pola editorial Farrar, Straus and Giroux, que narra un romance entre un mozo italiano de dezasete anos e un estudiante estadounidense de vinte e catro. Ambientado na Italia dos anos 1980, a obra repasa vinte anos da historia dos protagonistas, Elio Perlman e Oliver. A súa secuela, Find Me, publicouse en outubro de 2019.
Stacey D'Erasmo, do The New York Times, describiu a novela como "un libro excepcionalmente belo".[1] Charles Kaiser, do The Washington Post, resaltou que "todas as vítimas dun amor obsesivo recoñecerían os matices de Aciman".[2] As incontables críticas positivas a Call Me by Your Name levouno a acabar o premio literario Lambda, o maior certame de ficción LGBT.[3] En 2017, unha adaptación cinematográfica homónima dirixida por Luca Guadagnino e protagonizada por Armie Hammer e Timothée Chalamet foi lanzada nos Estados Unidos de América.[4]
Remove ads
Argumento
Nunha vila rural do norte de Italia, a principios dos anos oitenta, o arqueólogo e profesor pai de Elio (un rapaz culto de 17 anos) tiña a tradición de acoller no verán estudantes ou artistas novos que, a cambio de aloxamento, o axudaban cos seus compromisos culturais. Oliver é o elixido este verán, un mozo profesor estadounidense que está a escribir a súa tese de doutoramento. Pronto a intimidade entre os dous dá paso a un romance, que ao principio é moi contido. Durante as próximas semanas, os impulsos ocultos da obsesión e o medo, a fascinación e o desexo intensificarán a paixón de ambos.
Remove ads
Temas
A diversidade de temas que André Aciman aborda na novela están relacionados coas súas circunstancias persoais e coa influencia de Marcel Proust, autor no que Aciman se especializou. Estes temas son:
- Memoria e tempo.
- Amor.
- Homosexualidade.
- Filosofía.
- As artes: poesía, literatura, escultura e música.
- Identidade xudía.
- Estranxeiría.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads