Xirafa (constelación)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Camelopardalis, ou Xirafa,[1] é unha gran constelación do hemisferio norte celeste moi pouco conspicua, pois as súas estrelas máis brillantes (sete) son tan só de magnitude 5. Está situada entre as constelacións de Auriga e as dúas Osas. O nome de Camelopardalis provén de "camelo-leopardo", nome que lle puxeron os gregos á xirafa, xa que pensaban que tiña a cabeza dun camelo e as manchas dun leopardo.
Este artigo trata sobre unha constelación estelar. Para a especie de animal mamífero do mesmo nome véxase: Xirafa.
Foi inserida coma constelación por Petrus Plancius e publicada por Jakob Bartsch no 1624 no seu libro sobre as constelacións.
Remove ads
Estrelas principais
- α Camelopardalis, distante superxigante azul de magnitude 4,26 que pode estar asociada ó cúmulo NGC 1502.
- β Camelopardalis, superxigante amarela de magnitude 4,03, a estrela máis brillante da constelación.
- Z Camelopardalis, estrela variable cataclísmica que entra en erupción cada dúas ou tres semanas; o seu brillo oscila entre un máximo de 10,0 e un mínimo de 14,50. É o prototipo dunha subclase de variables dentro das novas ananas.
- BD Camelopardalis, estrela do raro tipo espectral S e variable irregular onde o seu brillo oscila entre magnitude 5,04 e 5,17.
- BE Camelopardalis, xigante vermella brillante e variable irregular cun brillo que flutúa entre magnitude 4,35 e 4,48.
- CS Camelopardalis, estrela binaria a uns 4300 anos luz e variable Alfa Cygni. De brillo variable entre magnitude 4,19 e 4,23 é a segunda estrela máis brillante da constelación aínda que carece de denominación de Bayer.
- VZ Camelopardalis, xigante vermella e variable irregular; o seu brillo oscila entre magnitude 4,8 e 4,96.
- Stein 2051 (GJ 169.1), estrela binaria formada por unha anana vermella e unha anana branca a 18 anos luz da Terra.
Remove ads
Obxectos Notables do espazo profundo
- NGC 2403. AR: 07h 36m 54.0s Dec: +65°36'00" (Época 2000). É unha das galaxias espirais máis próximas á Vía Láctea excluíndo ás do Grupo Local.
- NGC 1502. AR: 04h 07m 42.0s Dec: +62°20'00" (Época 2000). Cúmulo aberto entre α Camelopardalis e β Camelopardalis.
- NGC 2523. AR: 07h 36m 54.0s Dec: +65°36'00" (Época 2000) Galaxia espiral feble, de magnitude 13.
- Fervenza de Kemble. Cúmulo de estrelas de oitava magnitude.
- NGC 1501. AR: 04h 07m 00.0s Dec: +60°55'00" (Época 2000). Nebulosa planetaria feble cun disco irregular.
- IC 3568, nebulosa planetaria de magnitude 10,6 con forma case esférica.
Remove ads
Historia
Camelopardalis non posúe mitoloxía asociada ás súas estrelas, tratase pois dunha constelación moderna. A pouca vistosidade da constelación, e que estea preto da constelación de Lynx, levou os gregos a considerar esta área do firmamento coma bacía, e deste xeito véndoa coma un deserto.
Porén, coma deserto, xunto con outras propiedades no Zodíaco no signo de Xémini (p.e. a Vía Láctea, e as constelacións Xémini , Orión, Auriga, e Canis Major), poderían se-la orixe do mito do gando (ou rabaño) de Geryon, que forma parte das Doce Tarefas de Herakles.
Visualización Gráfica
As estrelas da constelación Camelopardalis poden ser conectadas dun xeito máis completo, no cal amosa graficamente unha xirafa.
O corpo da xirafa consiste nun cuadrángulo de estrelas α Cam, β Cam, BE Cam, e γ Cam: α Cam e β Cam son de cuarta magnitude.
As estrelas HD 42818 (HR 2209) e M Cam forma a cabeza da xirafa, e as estrelas M Cam e α Cam forman o longo pescozo da xirafa.
As estrelas β Cam e 7 Cam forman a perna de diante, e as estrelas variables BE Cam e CS Cam forman a perna traseira da xirafa.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads