Cefeo (constelación)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cefeo (constelación)
Remove ads

Cepheus ou Cefeo[1] é unha constelación do norte que representa ó lendario rei de Etiopía Cefeo, casado con Casiopea e pai de Andrómeda. É unha das 88 constelacións modernas e unha das 48 constelacións nomeadas por Tolomeo.

Datos rápidos Cepheus, Nome latino ...
Remove ads

Estrelas principais

  • α Cephei (Alderamin), a estrela máis brillante da constelación con magnitude 2,44, de cor branca.
  • β Cephei (Alfirk), prototipo das variables Beta Cephei, estrela branco-azulada de brillo variable entre magnitude 3,15 e 3,21. Ademais é unha estrela Be que expulsa materia da súa superficie.
  • γ Cephei (Errai), con magnitude 3,22 é un sistema binario cun planeta extrasolar ó redor da estrela principal, unha subxigante laranxa.
  • δ Cephei, unha das estrelas máis famosas do ceo por se-lo prototipo das variables Cefeidas. É ademais unha estrela dobre.
  • ε Cephei (Phicares), o seu nome é de orixe fenicio, é unha variable Delta Scuti de magnitude 4,18.
  • ζ Cephei, superxigante laranxa de magnitude 3,39 a 725 anos luz de distancia.
  • μ Cephei, a estrela granate, unha superxigante vermella e unha das estrelas visibles de maior tamaño.
  • ν Cephei, superxigante branca de magnitude 4,29.
  • ξ Cephei (Alkurhah), estrela dobre moi vistosa cunhas compoñentes que están separadas 8 segundos de arco.
  • 19 Cephei, estrela azul tan afastada que non se coñece con exactitude a distancia á que se atopa.
  • OV Cephei, unha xigante vermella a só 3º do polo norte celeste que se atopa a 500 anos luz de distancia.
  • VV Cephei, unha das estrelas máis grandes que se coñecen; ademais é unha binaria eclípsante.
  • Kruger 60, un sistema estelar composto por dúas ananas vermellas distante só 13 anos luz do sistema solar.
Remove ads

Obxectos Notables de espazo profundo

Mitoloxía

Thumb
Cepheus, rei de Etiopía

Casiopea é a nai de Andrómeda e muller de Cefeo, rei de Etiopía. Casiopea estaba tan fachendosa da beleza da súa filla que, por rivalizar coas Nereidas, estas pedíronlle a Poseidón, deus dos mares, vinganza e el coma resposta enviou o monstro mariño (Cetus) ás costas do país causando grandes males.

Para enfrontarse a esta situación, Cefeo consultou o oráculo de Amón, quen lle aconsellou sacrifica-la súa filla Andrómeda expoñéndoa atada a unha rocha nuns cantís para que fose vítima do monstro. Así, Andrómeda é ofrecida a Cetus. Perseo, que viña de regreso da súa viaxe despois de derrotar a Medusa, divisou a vítima e namorouse no acto dela. Propuxo a Cefeo liberala, a cambio de que se lle concedese a súa man. Perseo mata ó monstro e posteriormente casase con Andrómeda.

Cefeo, o pai de Andrómeda, foi catasterizado por vontade de Atenea.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads