Campo Largo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Campo Largo é unha cidade do estado brasileiro de Paraná. A súa poboación estimada no 2010 era de 112.486 habitantes. Atópase ó sueste do estadoestado e pertence á Rexión Metropolitana de Curitiba.
A sede ten unha temperatura media anual de 16,5 °C e na vexetación do concello predomina a foresta ombrófila mista. En relación á frota automobilística, no 2009 foron contabilizados 46 011 vehículos. Cunha taxa de urbanización de 83,23%,[1] o concello contaba, no 2009, con 97 establecementos de saúde. O seu Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) é de 0,774, considerando como medio en relación co estado.
A cidade de Campo Largo foi desmembrada de Curitiba na década de 1870. A orixe da súa etimoloxía está na xeografía e denota a lonxitude dos horizontes da rexión na época da fundación do concello. Os habitantes naturais do concello de Campo Largo son chamados campo-larguenses.
É coñecido como "Capital da Louça" por mor da produción e exportación dese material. É sede de empresas como a Incepa, Porcelana Schmidt, Germer e Lorenzetti cuxos produtos son coñecidos internacionalmente. O concello é a sede dunha das fontes de auga mineral, a Ouro Fino.
O concello posúe os distritos de Bateias, Três Córregos, São Silvestre e Ferraria, e subdivididos por 147 barrios, vivendas sociais e residenciais.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads