Cancro de ovario
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O cancro de ovario é un tumor maligno que nace en calquera das partes do ovario. O ovario é un órgano moi complexo que pode ser asento de numerosos tumores de moi distinto rango morfolóxico, algúns dos cales están dotados de función hormonal, o que xustifica a gran variedade de clasificacións. A localización máis frecuente é no epitelio que recobre o ovario.[1] Tamén se desenvolve a partir das células xerminais ou do tecido conectivo arredor do ovario.[2] O risco de padecer cancro de ovario relaciónase directamente con anomalías nos xenes BRCA1 e BRCA2.[3] Polo xeral, o cancro de ovario non produce síntomas.[4] É por isto que a maioría dos casos detéctanse cando a doenza xa está avanzada e continuada, pero se se detecta en etapa temperá pode mellorar o prognóstico.[5]
Remove ads
Epidemioloxía
Ten unha alta incidencia nos países industrializados de Europa Occidental, Israel, o Canadá e os Estados Unidos. É o sexto tumor maligno máis frecuente nas mulleres tralo de cancro de mama, intestino groso, pulmón, útero e linfomas.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads