Cangrexo dos cocos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O cangrexo dos cocos ou cangrexo dos coqueiros (Birgus latro) é o meirande artrópodo terrestre do mundo. É un cangrexo ermitán altamente apomórfico e é coñecido pola súa capacidade de abrir cocos coas súas potentes pinzas coa finalidade de comer o seu contido. É a única especie do xénero Birgus.
Nalgunhas linguas é chamado "cangrexo ladrón" (que é tamén a tradución exacta do seu nome científico en latín) ou "ladrón das palmeiras", xa que algúns cangrexos desta especie teñen roubado obxectos brillantes como cazos e cubertos de casas e tendas de compaña.[2]
O cangrexo dos cocos tamén ten outros nomes locais como ayuyu en Guam, e unga ou kaveu nas illas Cook. En Guam, chámaselle por veces "cangrexo dos cocos taotaomo'na" pola crenza tradicional de que os espíritos dos devanceiros poden adoptar a forma de animais como o ayuyu.[3]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads