Capra pyrenaica pyrenaica
subespecie de cabra montesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A Capra pyrenaica pyrenaica é unha subespecie de cabra montesa. Esta subespecie de cabra montesa ibérica estaba en perigo de extinción dende comezos do século XX, e foi catalogada como «especie en perigo crítico de extinción» (CR) polo Specialist Caprinae Group da IUCN en 1997.[1] O 6 de xaneiro de 2000 achouse morto o derradeiro exemplar, unha femia, que vivía en España.[2]

Xunto coa Capra pyrenaica lusitanica, que se extinguiu en 1892, é unha das dúas subespecies de cabra montesa que desapareceron. Diferenciábase das outras subespecies principalmente polo seu pelo máis longo e denso no inverno e a base máis grosa dos cornos, tanto en machos coma en femias. A cornamenta do bucardo era, asemade, a máis longa de entre as catro subespecies de cabra montesa que habitaron a Península Ibérica.[3]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads