Carcaixent
municipio da provincia de Valencia, España From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Carcaixent é un concello da Comunidade Valenciana localizado na provincia de Valencia, concretamente na comarca da Ribera Alta. Ten unha poboación de 21.973 habitantes (INE 2008). A conurbación que forma na actualidade cos concellos de Alzira e Algemesí constitúe, cos seus 95.000 habitantes, o segundo núcleo de poboación da provincia de Valencia, tras a capital e a súa área metropolitana.
Remove ads
Xeografía
O termo municipal sitúase entre a marxe dereita do río Xúcar, Val de Aigües Vives e as montañas del Convent. A cidade de Carcaixent é o núcleo máis importante do municipio, que ademais lle dá nome.
No que respecta á orografía, cabe dicir que é regada polo río Xúcar e polos seus afluentes Magre, Verd e Barxeta, e tamén pola Real Quenlla de Carcaixent. O termo é maiormente chairo, e esténdese pola unidade xeográfica que forma o val do Xúcar, que se transforma a partir da cidade cara ao leste nun terreo montañoso coa serra de Corbera e a das Agullas. O chan é cuaternario, orixinado polo aluvión procedente do río Xúcar, con montañas de roca calcaria.
Desde Valencia, accédese a esta localidade a través da CV-42 e CV-41 ou por medio da A-7 e logo tomando a CV-543. Tamén ten estación de ferrocarril na liña C-2 de Proximidades Valencia (Renfe).
Barrios e pedanías
No termo municipal de Carcaixent atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:
- Barraca de Aigües Vives
- Cogullada
Pola súa banda, o núcleo de Carcaixent divídese en catro barrios:
- Santa Bàrbara
- Les Barraques
- La Muntanyeta
- Els Quatre Camins
Remove ads
Demografía
Carcaixent ten 21.695 habitantes (INE 2007). Segundo este censo, un 7,7% da súa poboación é de nacionalidade estranxeira.
Véxase tamén
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Carcaixent |
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads