Carrie-Anne Moss

actriz canadense From Wikipedia, the free encyclopedia

Carrie-Anne Moss
Remove ads

Carrie-Anne Moss, nada en Burnaby (Columbia Británica) o 21 de agosto de 1967 é unha actriz canadense que acadou fama internacional tralas súas aparicións na triloxía de filmes de Matrix interpretando a Trinity.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Cando era nova, vivía coa súa nai Barbara na cidade de Vancouver. Cando tiña once anos entrou no Teatro musical de nenos de Vancouver e despois fixo un tour por Europa co Coro da Escola Secundaria Magee no seu derradeiro ano. Tras isto, involucrouse na Academia Americana de Artes Dramáticas en Pasadena ata que volveu. En 1985 mudouse de Vancouver a Toronto e fíxose modelo. Durante ese período como modelo e a finais dos anos 80, foi a España e ao Xapón.

Estando en España conseguiu un papel na serie dramática Dark Justice, a súa primeira aparición na televisión. Marchou de Barcelona aos Ánxeles (California) para a serie en 1992. Pero a súa carreira tomou outro camiño cando foi elixida para representar a Trinity no filme Matrix, que se estreou en 1999 con grande éxito a nivel mundial. Tras este, fixéronse dous filmes máis que pecharon a triloxía e nos que Moss tamén participou. Tamén tivo un papel destacado en Memento (2000), interpretando a Natalie.

Carrie-Anne Moss casou co actor Steven Roy en 1999. Teñen dous fillos, (Owen, nado en setembro de 2003, e Jaden, nado en novembro de 2005), e unha filla (nada en xuño de 2009). A actriz Maria Bello é a madriña do seu fillo máis vello.

Remove ads

Filmografía

Cinema

Máis información Ano, Título ...

Televisión

Máis información Ano, Título ...

Videoxogos

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Premios e nomeamentos

  • 2007: Genie Award, Mellor Actriz en Papel secundario Snow Cake
  • 2007: Vancouver Film Critics Circle Award, Mellor Actriz en filme canadense por Fido
  • 2002: Independent Spirit Award, Mellor Actriz secundaria por Memento
  • 2000: Golden Slate, Mellor Actriz en papel protagonista por Matrix
  • 2000: Empire Award, Mellor Debut en Matrix

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads