Chocolat

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Chocolat é un filme do 2000 baseado na novela Chocolat, escrita por Joanne Harris. É unha coprodución entre o Reino Unido e os Estados Unidos. Co fin de prepararse para o seu papel, Juliette Binoche estivo uns días nunha confeitería de París, aprendendo a preparar doces de chocolate.

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Sinopse

Vianne Rocher (Juliette Binoche) trasládase coa súa pequena filla a unha localidade da Francia rural. Alí abre unha tenda na que vende deliciosos chocolates. Con todo, os habitantes do lugar recíbena con escepticismo. Pola súa banda, o alcalde tamén é reticente respecto deste tipo de tenda, algo ó que os veciños non están afeitos. Pero Vianne é unha muller cun encanto especial, e ós poucos vaise gañando a simpatía e amizade dos veciños e ata do alcalde.

Remove ads

Elenco

Premios

Na 73ª edición dos Oscar a película obtivo cinco nomeamentos nas categorías de mellor película, mellor actriz principal (Juliette Binoche), mellor actriz secundaria (Judi Dench), mellor guión adaptado, e mellor música.

  • 2000: 5 Nomeamentos ó Óscar, incluíndo mellor filme, música e actriz.
  • 2000: 4 nomeamentos ó Globo de Ouro: Filme, banda sonora, actriz comedia e actriz secundaria.
  • 2000: 8 nomeamentos ó BAFTA, incluíndo mellor fotografía, vestiario e guión adaptado.
  • 2000: Nomeada ó Premios Goya: Mellor filme europeo.
  • 2000: Nomeada ó David de Donatello: Mellor película estranxeira.
  • 2001: Festival de Berlín: Sección oficial de longametraxes.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads