Cascuda

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cascuda
Remove ads

As cascudas, tamén chamadas cascudos e carrouchas,[1] son insectos de varias familias da orde Blattodea. O nome 'cascuda' tamén se pode referir a un tipo de maceira.[2]

Máis información Cascudas Rango fósil: Carbonífero - actualidad, Clasificación científica ...
Thumb
Blaberus giganteus
Remove ads

Etimoloxía

Etimoloxicamente, Blattodea deriva do latín blatta, adaptación do grego blapto. O nome científico procede da lingua grega pero latinizada do insecto (grego dórico: βλάττα, blátta; grego ático: βλάττη , blátte).[3]

Especies

Existindo desde hai máis de 300 millóns de anos, as cascudas son agora entre unhas 3500 e 5000 especies no mundo, en 6 familias. O nome cascuda tamén pode referirse aos coleópteros de forma xenérica[4][5]

É un grupo cosmopolita, con algunhas especies (menos do 1%) consideradas como sinantrópicas. Entre as especies máis coñecidas atópanse a cascuda americana, Periplaneta americana, que mide uns 30 milímetros de lonxitude, a cascuda alemá, Blattella germanica, duns 15 milímetros de lonxitude, a asiática, Blattella asahinai, tamén duns 15 milímetros de lonxitude, e a oriental, duns 25 milímetros. As cascudas tropicais adoitan ser moito máis grandes, e os parentes extintos das cascudas son os cascudoides, como o Archmylacris do Carbonífero e o Apthoroblattina do Permiano, que non eran tan grandes como as especies modernas de maior tamaño.[6]

Remove ads

Descricións e hábitat

Son insectos ovíparos, hemimetábolos e os seus corpos miden entre 3 e 65 mm. As cascudas viven en lugares quentes e húmidos; hai non obstante algunhas especies semiacuáticas e acuáticas e mesmo algunhas outras que viven nos desertos e cavernas. Destacan pola súa gran resistencia: poden sobrevivir durante nove días sen a cabeza e sobreviven á radioactividade. O corpo das cascudas é ovular e deprimido. O seu tamaño pode variar desde uns poucos milímetros até case 10 centímetros.[7] A cabeza é curta, subtriangular, con ollos compostos grandes e normalmente dúas manchas oculares (ollos únicos). En xeral, son marróns ou negras, pero hai especies de cores. Nas zonas tropicais predomina o marrón avermellado, ademais das cores verde e amarelo.[6]

A forma e o tamaño varían dependendo da especie, pero en xénero podemos dicir que as femias son ​​máis grandes que os machos, pero os machos teñen as ás máis desenvolvidas. A dieta é variada.[7]As cascudas son insectos omnívoros, é dicir, comen calquera cousa, tendo a principal atracción polos doces, os alimentos graxos e de orixe animal.[7] Unha curiosidade é que poden vivir unha semana sen beber auga, até un mes sen comer e varias semanas sen a cabeza.[8] Foron un dos poucos seres vivos que sobreviviron ás explosións nucleares de Hiroshima e Nagasaki.

Vectores de patóxenos

Entre os principais problemas que as cascudas poden causar aos humanos está o seu papel como vectores mecánicos de diversos patóxenos (bacterias, fungos, protozoos, vermes e virus). As cascudas domésticas son as encargadas de transmitir diversas enfermidades, a través dos seus pés e as feces polos lugares por onde pasan. Por iso son considerados perigosos para a saúde dos seres humanos.[6]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads