Castrelo do Val

concello da comarca de Verín, na provincia de Ourense From Wikipedia, the free encyclopedia

Castrelo do Valmap
Remove ads

Castrelo do Val é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. Segundo o IGE en 2015 tiña 1079 habitantes (1263 en 2003). O xentilicio é castrelexo.[1]

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Localización

O concello de Castrelo do Val atópase nunha zona de transición entre Cabeza de Manzaneda e a serra de Queixa polo nordeste e o val do Támega (ou de Verín ou de Monterrei) no suroeste. As alturas máximas son as de Cabeza de Valdefeira (1288 m), Peña Nofre (1291 m) e Cabezo do Sogral (1369 m), mentres que as alturas mínimas non baixan dos 400 m. O río Támega diríxese cara ao sur. O río Camba está represado no encoro das Portas.

A temperatura media anual é de 9 °C, con oscilación térmica de 14 °C e altas precipitacións anuais (1.700 mm.)

O camiño de ferro de Ourense a Zamora atravesa o concello.

Remove ads

Historia

Até 1842 coñecíase como Castrelo, pero nese ano engadíuselle "del Valle" para diferencialo de Castrelo de Miño. Foi galeguizado a finais do século XX.

Patrimonio

Thumb
Estela do Guerreiro de Castrelo do Val

No lugar de Pedra Alta atopouse unha estela da Idade de Bronce, ata agora único en Galiza.[2] Está tallada con forma antropomorfa (con catro rebaixes que queren expresar brazos e pernas) e representa un guerreiro con escudo con escotadura en V, unha espada e unha posible lanza, así como un carro tirado por animais. Clasifícase dentro das chamadas "estelas do suroeste" por abundar no suroeste da península.

Hai restos dun castro en Cabanca, Casteliños. Destacan as igrexas parroquiais de Servoi e Campobecerros, xunto a varios cruceiros (dos que o máis destacábel é o de Pepín) e a fonte e o casco antigo de Nocedo.

Entre o patrimonio natural destaca o Parque do Invernadeiro, que comparte con outros concellos veciños. Hai viñedos que producen para a Denominación de Orixe Monterrei.

Poboación

Máis información Censo total, 1079 (2015) ...


Evolución da poboación de Castrelo do Val   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
2975 2913 3227 2455 1239 1241 1177 1169 1138 1109 1079 1067 1028 1001 984 958 979 969
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Remove ads

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Castrelo do Val

Campobecerros (Santiago) | Castrelo do Val (Santa María) | Gondulfes (Santa Cruz) | Nocedo do Val (San Salvador) | Parada da Serra (San Lucas) | Pepín (San Vicente) | Piornedo (Santa Eufemia) | Portocamba (San Miguel) | Servoi (Santa María)

Lugares de Castrelo do Val

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castrelo do Val vexa: Lugares de Castrelo do Val.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads