Cefalea tensional

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cefalea tensional
Remove ads

A cefalea tensional ou cefalalxia tensional, tamén denominada cefalea muscular ou vasomotora, é un tipo de cefalalxia continua, non pulsátil, na que o doente adoita referir unha dor opresiva, que envolta a parte alta da testa. A duración é variábel, entre uns poucos minutos e varios días e, polo xeral, non se acompaña doutros síntomas. A presenza doutras alteracións, alén da dor, fai pór en dúbida o diagnóstico. Malia que o tratamento máis idóneo é a eliminación do factor estresante, estes pacientes adoitan consultar ao neurólogo.

Datos rápidos Identificadores, MeSH ...
Remove ads

Causas

Habitualmente está orixinada por unha contracción continuada polos músculo da testa e do pescozo, producíndose unha isquemia no interior do músculo en contreto. Este tensión pode ser debida a unha postura corporal incorrecta, por exposición a situacións de estrés social ou psicolóxico, ou constituír unha reacción normal ao cansamento intenso. Adoito asóciase a:

Remove ads

Tratamento

As cefaleas episódicas de tipo tensional respostan polo xeral ben á medicación habitual, como son os AINEs (entre os que se demostrou que o máis útil é o ibuprofeno). Outras medicacións útiles inclúen a amitriptilina,[1] a mirtazapina[2], os mecanismos de biofeedback[3][4] e o valproato sódico (coma profilaxis ou prevención).[5] Tamén se fixeron experimentos doutros tratamentos como agora a toxina botulínica ou a acupuntura.[6]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads