Ibuprofeno

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Ibuprofeno
Remove ads

O ibuprofeno é un antiinflamatorio non esteroideo (AINE), utilizado frecuentemente como antipirético, analxésico e antiinflamatorio.

Datos rápidos Datos clínicos, Código ATC ...

Utiliízase para o alivio sintomático da febre, dor de cabeza (cefalea), dor dental (odontalxia), dor muscular (mialxia), molestias da menstruación (dismenorrea), dor neurolóxica de carácter leve ou moderada e dor poscirúrxica. Tamén se usa para tratar cadros inflamatorios, como os que se presentan en artrite, artrite reumatoide, inchazón muscular, dor de garganta e artrite gotosa.

Ás veces úsase tamén para tratar a acne, debido ás súas propiedades antiinflamatorias,[1] e foi utilizado en Xapón en forma tópica para a acne de adultos.[2]

Remove ads

Principais propiedades físico-químicas

A súa fórmula empírica é C13H18O2; a súa masa molecular, 206,2808 ± 0,0123 g/mol (C 75,69%, H 8,8%, O 15,51%);[3] o seu punto de fusión, 76 º C,[4] e a súa solubilidade en auga, 21 mg/L.[4]

O seu nome IUPAC é ácido (RS)-2-(4-isobutilfenil) propanoico.

Indicacións

O ibuprofeno úsase principalmente como antipirético para tratar cadros febrís (incluída a febre postvacinal) e como analxésico para tratar as dores leves ou moderadas: dor postcirúrxica, dor de orixe dentaria, cefalea, migraña, dismenorrea primaria,[5] artrose e dor por cálculos renais. Ao redor do 60% das persoas non responden a ningún Antiinflamatorios non-esteroides (AINE); os que non responden ben a un en particular poden, porén, si responder a outro.[6]

Utilízase ademais para tratar enfermidades inflamatorias como a artrite idiopática xuvenil, a artrite reumatoide,[7] [8] espondilite anquilopoética, artrose e outros procesos reumáticos agudos ou crónicos, e calquera alteración musculoesquelética e traumática que curse con dor e inflamación.[5] Así mesmo utilízase tamén para a pericardite e o ductus arterioso persistente.[9]

Remove ads

Posoloxía

Baixo supervisión médica, a cantidade máxima de ibuprofeno para adultos é de 800 mg por dose ou 3200 mg por día.[10] En nenos é de 5 a 10 mg por kg nun intervalo de tempo de 6 a 8 horas, cunha dose díaria máxima de 30 mg/kg.[11]

Farmacocinética

O ibuprofeno absórbese de forma total por vía oral. Os alimentos reducen a velocidade de absorción, pero non a cantidade absorbida. A súa combinación con L-arxinina acelera a súa velocidade de absorción.[12]

A absorción por vía rectal é lenta e irregular. Únese intensamente á albumina (ao redor do 99%) en concentracións plasmáticas habituais. Na cirrose hepática, artrite reumatoide e en anciáns aumenta a fracción libre do fármaco.

Remove ads

Historia

Thumb
Comprimidos de ibuprofeno de 200 mg.

O ibuprofeno foi desenvolvido pola división de investigación de Boots Group durante os anos 60.[13][14] Foi descuberto por Stewart Adams, xunto con John Nicholson, Jeff Bruce Wilson, Andrew R. M. Dunlop e Colin Burrows, e foi patentado en 1961. O fármaco foi lanzado como un tratamento para a artrite reumatoide no Reino Unido en 1969, e nos Estados Unidos en 1974.[15] É famoso o feito de que o Dr. Adams inicialmente probou este medicamento en si mesmo durante unha resaca.[15]

O ibuprofeno forma parte da listaxe da Organización Mundial da Saúde de medicamentos indispensábeis.[16]

Remove ads

Estereoquímica

O ibuprofeno, ao igual que outros derivados do 2-arilpropionato (incluíndo ketoprofeno, flurbiprofeno, naproxeno etc.), contén un carbono quiral na posición α (alfa-) do propionato.

Thumb
Thumb
Thumb
Thumb
Thumb
Thumb
(S)-ibuprofeno
(R)-ibuprofeno

Isto é determinante á hora de estudar o metabolismo deste profármaco, que se pode definir como fármacos unidos a un grupo modulador lábil, que requiren ser transformados dentro do organismo por un proceso hidrolítico, químico ou enzimático, para que manifesten a súa actividade biolóxica.

Síntese

A síntese deste composto é un popular caso estudado en química verde (química sustentábel).[17] A síntese orixinal do ibuprofeno consistiu en seis pasos, iniciándose coa acilación do isobutilbenceno mediante reacción de Friedel-Crafts. A reacción con cloroacetato de etilo (condensación de Darzens) deu o α,β-epoxiéster, que foi descarboxilado e hidrolizado cara ao aldehido. A reacción con hidroxilamina deu a oxima, que foi convertida ao nitrilo, a continuación hidrolizouse o ácido desexado:[18]

Thumb

Unha síntese mellorada por BHC requiriu só tres pasos. Esta síntese mellorada gañou o premio "Presidential Green Chemistry Challenge Greener Synthetic Pathways" en 1997.[19] Despois dunha acilación similar á da síntese anterior, a hidroxenación co níquel Raney deu o alcohol que, por carbonilación catalizada por paladio dá a molécula final:

Thumb

Solubilidade

O ibuprofeno é practicamente insolúbel en auga, disólvese menos de 1 mg de ibuprofeno en 1 ml de auga (<1 mg/ml). É solúbel en disolventes orgánicos como etanol ou acetona.[20]

Remove ads

Metabolismo

Observáronse inversións metabólicas nos estereocentros de fármacos quirais como o ibuprofeno. O enantiómero (-)-R é enzimaticamente isomerizado ao eutómero (+)-S, podendo considerarse como un profármaco deste último. O mecanismo de isomerización implica unha conversión inicial do enantiómero (-)-R no seu tioéster da CoA, xerando un intermedio cun metino en α altamente acídico e que pode ser rapidamente desprotonado e reprotonado, probabelmente mediante unha reacción enzimática a través do enol, coa conseguinte epimerización. A hidrólise posterior conduce ao eutómero do ibuprofeno. O feito de que o eutómero non pareza sufrir unha epimerización similar pode explicarse atendendo á estereoselectividade da CoA-sintetase que actúa preferentemente sobre o enantiómero (-)-R. O eutómero (+)-S excrétase como un conxugado de glicina, mentres que o enantiómero (-)-R non é un substrato para a glicina-N-acetiltransferase. Como se indicou, debido a este mecanismo de isomerización, o enantiómero (-)-R pode considerarse un profármaco do eutómero (+)-S e contribúe ao perfil farmacodinámico global do racemato.

Esta forma de metabolizarse non é igual para todos os proféns, debido a que o determinante é a rapidez da inversión. No caso do ibuprofeno é rápida, pero para inversións lentas hai que considerar o enantiómero (-)-R como impureza innecesaria.

Remove ads

Toxicidade en humanos

A sobredose por ibuprofeno converteuse en algo común desde que se pode conseguir sen receita. Hai moitos casos de sobredose na historia da medicina, aínda que a cantidade de complicacións que ameazan a vida por sobredose de ibuprofeno é baixa.[21] A resposta humana nos casos de sobredose esténdese desde a ausencia de síntomas, ao resultado fatal a pesar de tratamentos en coidados intensivos. A maoiría dos síntomas son un exceso da acción do ibuprofeno e inclúen dor abdominal, náuseas, vómitos, somnolencia, mareos, dor de cabeza, acúfenos (zunido de oídos) e nistagmo. Rara vez os síntomas poden ser máis graves; coñécense algúns como hemorraxia gastrointestinal, convulsións, acidose metabólica, hiperpotasemia, hipotensión, bradicardia, taquicardia, fibrilación auricular, coma, insuficiencia hepática, insuficiencia renal aguda, cianose, depresión respiratoria e paro cardíaco.[22] A gravidade dos síntomas varía segundo a dose inxerida e o tempo transcorrido, porén, a tolerancia de cada persoa á dose tamén xoga un papel importante. Xeralmente, os síntomas por sobredose de ibuprofeno observados son similares aos síntomas causados por sobredoses doutros AINE.

Hai pouca correlación entre a severidade dos síntomas e os niveis plasmáticos de ibuprofeno medidos. Os efectos tóxicos son pouco probábeis en doses inferiores a 100 mg/kg, pero poden ser graves por riba dos 400 mg/kg, (ao redor de 150 comprimidos de 200 mg para un home normal).[23] Porén, doses altas non indican que o cadro clínico vaia ser letal.[24] Non é posíbel determinar unha dose letal precisa, xa que pode variar coa idade, o peso e as enfermidades asociadas do paciente. Cómpre manter sempre o medicamento fóra do alcance ou da vista dos nenos.

A terapia da intoxicación está baseada nos síntomas. En casos temperáns recoméndase a descontaminación gástrica con carbón activo, que adsorbe o medicamento antes de que entre no sistema circulatorio. Actualmente o lavado de estómago case non se realiza; porén pode ser realizado se a cantidade inxerida é potencialmente mortal dentro dos 60 minutos tras a inxesta. O vómito non está recomendado.[25] A maioría das inxestións de ibuprofeno producen efectos leves e o tratamento para a sobredose es simple. As medidas básicas para manter a produción normal de urina deben de ser establecidas e a función renal supervisada. Dado que o ibuprofeno ten propiedades ácidas e se excreta pola urina, a diurese forzada alcalina é teoricamente beneficiosa. Porén, como o ibuprofeno se une fortemente ás proteínas do sangue, hai unha excreción mínima renal do fármaco inalterado. A diurese forzada alcalina ten un beneficio limitado.[26] O tratamento sintomático para a hipotensión, a hemorraxia gastrointestinal, a acidose e a toxicidade renal están indicadas. Ocasionalmente, a supervisión na UCI (Unidade de coidados intensivos) durante varios días é necesaria. Se o paciente sobrevive a unha intoxicación aguda, normalmente non experimentará secuelas.

Detección en fluídos corporais

O ibuprofeno pode ser cuantificado no sangue, o plasma e o soro para demostrar a presenza do medicamento nunha persoa que experimentou unha reacción anafiláctica, confirmar un diagnóstico de intoxicación en pacientes hospitalizados ou colaborar nunha investigación dunha morte. Hai un nomograma publicado onde se relaciona a concentración de ibuprofeno no plasma co tempo transcorrido desde a inxestión, e o risco de desenvolver toxicidade renal en pacientes con sobredoses.[27]

Remove ads

Efectos adversos

  • Estrinximento
  • Diarrea
  • Gases ou distensión abdominal
  • Mareo e vómito
  • Nerviosismo
  • Zunidos nos oídos

Efectos máis graves

  • Aumento de peso inexplicábel
  • Febre
  • Ampolas
  • Sarabullo
  • Comechón
  • Urticaria
  • Inchazón de ollos, cara, labios, lingua, garganta, brazos, mans, pés, nocellos e papos das pernas
  • Dificultade para respirar ou tragar
  • Rouquén
  • Cansazo excesivo
  • Dor na parte superior dereita do abdome
  • Náuseas
  • Perda do apetito
  • Coloración amarelada na pel ou nos ollos
  • Síntomas parecidos aos da gripe
  • Palidez
  • Latexos rápidos do corazón
  • Urina turbia, descolorida ou sanguinolenta
  • Dor de costas
  • Sinaxesia
  • Dificultade ou dor ao ouriñar
  • Visión borrosa, cambios na cor da visión ou outros problemas da visión
  • Ollos avermellados ou doridos
  • Rixidez no colo
  • Dor de cabeza
  • Confusión
  • Agresividade

Sobredose

Os síntomas de sobredose son, entre outros:

  • Mareo
  • Xigantismo
  • Movementos rápidos e incontrolábeis dos ollos (nistagmo)
  • Respiración lenta ou interrupción momentánea da respiración (apnea)
  • Coloración azul ao redor dos labios, a boca e o nariz (cianose)
  • Deshidratación
  • "Alerxia" ao ibuprofeno
  • Taquicardia

Incidencia ambiental

O organismo é capaz de metabolizar até un 90% do ibuprofeno inxerido, pero o restante 10% excrétase ás augas xunto cos outros residuos resultantes da dixestión do fármaco. Este feito pode afectar ao medio ambiente máis do que se pode pensar debido ao fenómeno de bioacumulación e a toxicidade do fármaco. Dado que a principal vía pola que este fármaco pode chegar ao medio ambiente é por medio das augas residuais, un mellor tratamento destas augas incorporando máis filtros ou tratamentos físico-químicos adecuados podería diminuír a presenza do fármaco no medio ambiente. Logrouse a eliminación do ibuprofeno das augas residuais por ultrasóns,[28] e mediante a degradación fotocatalítica do ibuprofeno mediante dióxido de titanio.[29]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads