Cela 211
filme de 2009 dirixido por Daniel Monzón From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Cela 211 (en castelán: Celda 211) é unha película galega, dirixida por Daniel Monzón en 2009, gañadora de 8 Premios Goya incluíndo mellor película, mellor actor (o galego Luís Tosar) e mellor director. É unha adaptación escrita por Jorge Guerricaechevarría da novela homónima do xornalista Francisco Pérez Gandul.
Estreouse en galego na TVG o 14 de xaneiro de 2012.[1]
Remove ads
Sinopse
Juan, funcionario de prisións, preséntase no seu novo destino un día antes da súa incorporación oficial. Alí, sofre un accidente minutos antes de que se desencadee un motín no sector dos FIES, os presos máis temidos e perigosos. Os seus compañeiros non poden máis que velar polas súas propias vidas e abandonan á súa sorte o corpo inconsciente de Juan na cela 211. Ao espertar, Juan comprende a situación e faise pasar por un preso máis ante os amotinados. A partir dese momento, o protagonista terá que arriscar a base de astucia e mentiras, sen saber aínda o que lle ten preparado o destino.
Remove ads
Personaxes
- Luís Tosar como Malamadre
- Alberto Ammann como Juan Oliver calzóns, alcumado "calzóns"
- Antonio Resines como Utrilla
- Marta Etura como Elena, a moza de Juan
- Carlos Bardem como Apache
- Manuel Morón como Almansa
- Luis Zahera como Releches
- Vicente Romero como Tachuela
- Fernando Soto como Armando Nieto
- Félix Cubero como Germán
- Manolo Solo
- Jesús Carroza
- Xavier Estévez
- Juan Carlos Mangas como Calígula
- Xosé Manuel Olveira "Pico"
Remove ads
Galardóns e nomeamentos
Premios Mestre Mateo
Premios Goya
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads