Central do Brasil

filme de 1998 dirixido por Walter Salles From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Central do Brasil é un filme franco-brasileiro de 1998 dirixido por Walter Salles, protagonizado por Fernanda Montenegro e Vinícius de Oliveira. O guión, adaptado por João Emanuel Carneiro e Marcos Bernstein a partir dunha historia do director Walter Salles, conta a amizade entre un rapaz e unha muller de mediana idade. A interpretación de Montenegro valeulle o recoñecemento internacional da crítica e un nomeamento ó Óscar á mellor actriz, ó tempo que o filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme internacional na 71ª edición dos premios.[1]

Datos rápidos Autoría, Temática ...
Remove ads

Sinopse

Dora é unha mestra xubilada que se volveu amargada. Traballa na Estación Central de Río de Xaneiro escribindo cartas para clientes analfabetos. Ás veces pode ser impaciente con eles e chega a non enviar o que escribe, deixándoo nun caixón ou rompéndoo. Josué é un neno pobre de nove anos que nunca coñeceu o seu pai, mais espera facelo. A súa nai envía cartas ao pai a través de Dora, dicindo que agarda reunirse axiña con el, mais cando ela morre nun accidente de autobús ao saír da estación o neno queda sen fogar. Dora cólleo e trafica con el cunha parella corrupta, mais unha veciña acaba por facela sentir culpable.

Remove ads

Personaxes

  • Fernanda Montenegro como Isadora "Dora" Teixeira
  • Vinícius de Oliveira como Josué Fontenele de Paiva
  • Marília Pêra como Irene
  • Soia Lira como Ana Fontenele
  • Othon Bastos como César
  • Otávio Augusto como Pedrão
  • Stela Freitas como Yolanda
  • Matheus Nachtergaele como Isaías Paiva
  • Caio Junqueira como Moisés Paiva

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads