Cequeril, Cuntis

parroquia civil do concello de Cuntis From Wikipedia, the free encyclopedia

Cequeril, Cuntismap
Remove ads

Santa María de Cequeril é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cuntis. Segundo o IGE en 2011 tiña 195 habitantes (115 mulleres e 80 homes), 52 menos ca en 1999. Ten dez entidades de poboación.

Datos rápidos Concello, Provincia ...
Remove ads

Patrimonio

No termo parroquial atópanse cinco estacións arqueolóxicas con distintos petróglifos, descritos por Ramón Sobrino Buhigas na década de 1920:

  • A Laxe dos Homes contén dúas figuras antropomórficas, identificadas por Alfredo García Alén e Antonio de la Peña como masculina e feminina: esta máis completa e dotada de brazos e o que semellan uns cornos na cabeza.
  • A Laxe dos Gatos ten outras dúas figuras antropomórficas, máis esquemáticas e co corpo arredondado, e unha delas co que semella un rabo (ó que debe o nome dos gatos). Tanto estas figuras como as da estación anterior mostran unha cabeza circular que inscribe unha cruz.
  • Outeiro dos Campiños: combinacións de figuras circulares e cruciformes, con círculos e cazoletas.
  • Outeiro do Casal: con figuras semellantes á estación anterior.
  • Outeiro do Galiñeiro: nunha masa rochosa alta, mostra na parede vertical unha densa agrupación de debuxos cruciformes inscritos en rectángulos e cadrados.

Os arqueólogos dubidan do carácter prehistórico dos petróglifos das estacións 1, 2 e 5, non só polos motivos debuxados, que non se corresponden coa iconografía propia dos petróglifos, senón pola sección en V das liñas, o que fai pensar nun instrumento metálico e aguzado, no canto da sección en U característica dos orixinais. Igualmente, os deseños cruciformes da estación nº 3 semellan ser da Idade Media, labrados nun intento de cristianizar antigos espazos pagáns, á vez que se profundaron e modificaron algunhas das liñas orixinais. En calquera caso, parece seguro que estas modificacións aproveitaran insculturas prehistóricas[2].

Remove ads

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Cequeril

Lugares da parroquia de Cequeril no concello de Cuntis (Pontevedra)

Agro do Monte | Cequeril | Corga de Abaixo | Corga de Arriba | A Cruz | A Igrexa | Mato | A Penela | Sebil | Vilar de Mato

Parroquias de Cuntis

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cuntis

Arcos (San Breixo) | Cequeril (Santa María) | Couselo (San Miguel) | Cuntis (Santa María) | Estacas (San Fiz) | Piñeiro (San Mamede) | Portela (Santa Eulalia) | Troáns (Santa María)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads