Cetartiodáctilos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cetartiodáctilos
Remove ads

Os cetartiodáctilos (Cetartiodactyla) son un clado de mamíferos placentarios que reúne as antigas ordes dos cetáceos (Cetacea) e dos artiodáctilos (Artiodactyla).

Datos rápidos Clasificación taxonómica, Reino ...

Os cetáceos son os golfiños, baleas e semellantes. Os artiodáctilos identifícanse cos animais ungulados de pezuños fendidos, como os camelos, as vacas, os cervos, o porcos e os hipopótamos, entre outros.

Remove ads

Taxonomía

Clasificación

O clado contén os seguientes taxons, que figuran aquí coa categoría que recibiron clasicamente:

Notas taxonómicas

  • O World Register of Marine Species dálle aos Cetartiodactyla a categoría de orde, polo que habería que considerar aos cetáceos e aos artiodáctilos como subordes.[1]
  • Pola súa parte, a Animal Diversity Web outorga a este grupo a categoría de superorde, incluído as ordes de cetáceos e artiodáctilos.[2]
Remove ads

Filoxenia

Durante moito tempo, a hipótese dominante sobre a orixe dos cetáceos situábaos nos mesoniquios (Mesonychia), unha orde extinta de ungulados carnívoros estreitamente emparentados cos artiodáctilos.

Fósiles recentes encontrados en Paquistán e asignados aos xéneros Pakicetus e Ambulocetus, viñeron a confirmar que os cetáceos evolucionaron a partir de artiodáctilos, cando estes xa se diferenciatan dos seus antepasados mesoniquios.

Os primeiros indicios desta relación xurdiron contra 1990, pola comparación de moléculas e xenes entre mamíferos actuais. As probas dun parentesco específico cos hipopótamos, que son artiodáctilos, non son, porén, concluíntes. En calquera caso, os hipopótamos ofrecen unha imaxe aproximada de como deberon ser as primeiras formas dos cetáceos. O cladograma seguinte mostra estas supostas relacións:[3]

Thumb
Cladograma mostrando as relacións entre os Cetartiodactyla.
Cetartiodactyla

Camelidae

Suidae

Tayassuidae

Cetruminantia
Cetancodonta

Cetacea

Hippopotamidae

Ruminantia

Tragulidae

Bovidae

Cervidae

Moschidae

Antilocapridae

Giraffidae

O seguinte cladograma baséase na análise de Gatesy et al. de 2013, e tan só difire do anterior no seguinte:[4]

Ruminantia

Tragulidae

Cervidae

Bovidae

Moschidae

Antilocapridae

Giraffidae

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads