Euungulata

From Wikipedia, the free encyclopedia

Euungulata
Remove ads

Euungulata ou Eungulata é un clado de mamíferos placentarios que inclúe os ungulados laurasiaterios, as ordes Perissodactyla, Artiodactyla ou Cetartiodactyla e ordes extintas relacionados con eles.[1]

Máis información Clasificación científica ...

Este clado foi proposto como alternativa ao grupo polifilético Ungulata que agrupaba aos eungulados xunto cos penungulados pertencentes a Afrotheria que só tiñan como trazo único a presenza de pezuños, condición homoplásica que apareceu por converxencia evolutiva nestas dúas liñaxes segundo as análises moleculares.[2][3][4]

Algunhas clasificacións usan o termo Ungulata en sentido estrito para os artiodáctilos e perisodáctilos (Eungulata), non obstante ambos os termos non son sinónimos xa que inclúen grupos distintos.

Tanto os eungulados existentes como os extintos descenden dos condilartros do Cretáceo. Os condilartros á súa vez, descendían de devanceiros insectívoros.

Os cetáceos non se parecen en nada aos eungulados en canto a aspecto e morfoloxía pero considéranse eungulados e artiodáctilos porque evolucionaron dun grupo de artiodáctilos e por tanto eungulados.

Remove ads

Taxonomía

Thumb
Cladograma mostrando as relacións dos grupos de eungulados e feras.
  • Eungulata
    • Orde Artiodactyla/Cetartiodactyla
    • Orde Mesonychia†
    • División Mesaxonia
      • Orde Perissodactyla
      • Orde Dinocerata†
      • Clado Meridiungulata†
        • Orde Xenungulata†
        • Orde Astrapotheria†
        • Orde Notoungulata†
        • Orde Litopterna†
        • Orde Pyrotheria†

Filoxenia

Unha posíbel filoxenia dos grupos eungulados é a seguinte:

Eungulata

Mesonychia

Artiodactyla 80px (Cetartiodactyla)

Mesaxonia

Dinocerata80px

Perissodactyla 80px

Meridiungulata

Pyrotheria

Astrapotheria

Litopterna

Notoungulata

Xenungulata


Remove ads

Grupos actuais

Dentro dos eungulados pódense citar os seguintes grupos existentes na actualidade:

Clasificación

Galería de imaxes

Exemplos de animais que pertencen a este clado.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads