Chanzo
parte dunha escaleira ou escada From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Denomínase chanzo, banzo[1] ou paso a cada unha das superficies planas de pedra, madeira ou outra materia dunha escaleira, nas que se vai pisando ao subir ou baixar[2]. Denomínase tamén banzo a cada unha das travesas ou barras horizontais dunha escada, onde se apoian os pés.
- Este artigo trata sobre a parte da escaleira, para os distintos niveis que serven de asento para os espectadores, véxase Bancada.

A parte vertical denomínase tabica ou alzada[3]. Pódense distinguir os seguintes tipos de chanzos:
- Chanzo curvo. Aquel cuxos bordos describen unha curva.
- Chanzo cadrado ou recto. O que ofrece igual ancho polas súas dúas caras.
- Chanzo de abano.[4] O que pasa diagonalmente no relanzo dunha escaleira.
- Chanzo de ángulo. O que nas voltas ou ángulos das escaleiras serve de relanzo e é por conseguinte de maior anchura que os superiores.
- Chanzo de relanzo.[4] O que forma o rebordo dun relanzo.
- Chanzo en declive. Aquel cuxa superficie superior está inclinada no canto de estar horizontal.
- Chanzo en semiángulo. O que está colocado inmediatamente encima ou debaixo dos de ángulo.
- Chanzo moldurado. O bordeado por unha moldura.
- Chanzo con realce. O que sobrevoa a tabica.
- Chanzo de arrancada. O máis baixo da escaleira.
- Chanzo triangular. O que está colocado seguindo os raios dun círculo.
Remove ads
Galería de imaxes
- Cruceiro na Colexiata do Sar, Santiago de Compostela, cun baseamento de tres chanzos.
- Chanzos dunha escaleira arredondada.
- Banzos nas escaleira dun edificio.
- Os traveseiros das escadas tamén son chamados de chanzos.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
