Chick Corea

From Wikipedia, the free encyclopedia

Chick Corea
Remove ads

Armando Anthony "Chick" Corea, nado en Chelsea (Massachusetts) o 12 de xuño de 1941 e finado o 9 de febreiro de 2021,[1][2] foi un pianista, teclista e compositor estadounidense. Os seus xéneros musicais foron o jazz e as súas variantes, como o post-bop e o contemporáneo.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

É coñecido polos seus traballos co xénero jazz fusion na década de 1970. Foi membro da banda de Miles Davis na década de 1960 e en 1970 formou o grupo Return to Forever. Tamén foi promotor da Ciencioloxía.

Nado en Chelsea, Massachusetts, descende de pai italiano e nai española. O seu pai, Armando, foi trompetista e líder dunha banda de Dixieland na rexión de Boston nas décadas de 1930 e 1940, e presentoulle o piano coa idade de catro anos. Medrando rodeado da música do jazz, Chick Corea recibiu influencias de Dizzy Gillespie, Charlie Parker, Bud Powell, Horace Silver e Lester Young. Aos oito anos de idade, Chick Corea aprendeu a tocar o tambor, feito que influíu no seu posterior uso do piano como instrumento de percusión.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads