Christijan Albers

From Wikipedia, the free encyclopedia

Christijan Albers
Remove ads

Christijan Albers, nado en Eindhoven o 16 de abril de 1979, é un expiloto neerlandés de Fórmula 1 e de DTM. Conduciu para Minardi, Midland e Spyker en F1, e para AMG-Mecerdes en DTM, onde acadou un segundo e un terceiro na clasificación final en 2003 e 2004.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Iniciouse nos karts obtendo o campionato nacional danés da disciplina en 1997. Nese mesmo ano tamén foi campión na Fórmula Ford 1800 nos Países Baixos e Bélxica, e participou na serie Renault Mégane.

En 1998 pasou ao Campionato de Alemaña de Fórmula 3, categoría na que obtivo o título no 1999 tras gañar en 6 carreiras. No seguinte ano participou no campionato internacional de Fórmula 3000 e tamén na Fórmula europea.

Thumb
Christijan Albers, Spyker M16, (2006).

No 2001 Albers participou na DTM, categoría na que obtivo o subcampionato tras acadar 4 vitorias. Ao mesmo tempo desenvolveu actividades coma piloto de probas da escudaría Minardi de Fórmula 1, e pilotou o bipraza do equipo empregado para fins promocionais. En novembro de 2004 obtivo o mellor rexistro nas probas de Misano di Gera d'Adda.

Albers foi confirmado para a tempada 2005 de Fórmula 1 como piloto titular de Minardi. Non acadou resultados de relevancia nas primeiras carreiras do ano. Ao finalizar a tempada, na que conseguiu catro puntos no Gran Premio dos Estados Unidos, Albers foi confirmado coma piloto principal de Midland F1 Racing.

Na tempada 2007 de Fórmula 1 foi confirmado piloto oficial do equipo Spyker F1 Team, xunto ao seu compañeiro de equipo Adrian Sutil, pero tralo non pagamento do seu patrocinador deixou de correr con esta escudaría, facendo o seu último gran premio en Silverstone.

Remove ads

Resultados na Fórmula 1

Máis información Ano, Escudería ...
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads