DTM
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Deutsche Tourenwagen Masters (abreviadamente DTM) é un campionato automobilística de turismos que se disputa en Alemaña dende o ano 1984 como Deutsche Tourenwagen Meiterschaft e dende o ano 2000 como o nome actual. Os coches que corren nesta competición son automóbiles de turismo con carrocerías semellantes ás dun coche convencional, peros con formas aerodinámicas para poder alcanzar os 300 km/h.

O DTM é unha das competicións de turismos máis importantes do mundo e un dos campionatos automobilísticos internacionais máis populares, logo da Fórmula 1 e da NASCAR. Neste campionato corren ou correron estrelas propias como Bernd Schneider, Timo Scheider ou Mattias Ekström e antigos pilotos da Fórmula 1 como Mika Häkkinen, Ralf Schumacher ou David Coultard.
Remove ads
Historia

Deutsche Tourenwagen Meiterschaft
O Deutsche Tourenwagen Meiterschaft foi a competición orixinal do DTM, e disputouse entre os anos 1984 e 1996. Comezou disputándose con equipos privados e coas regras da Federación Internacional do Automóbil. O éxito en Alemaña foi moi grande e polo tanto moitas maracas nacionais como Mercedes-Benz, Opel, BMW, Alfa Romeo e Audi empezaron a competir no campionato con equipos oficiais. A competición quixo medrar demais e por iso rematou terminando estrepitosamente. Os orzamentos, os dereitos de televisión e as entradas ás carreiras cada vez subían máis. As carreiras non só se corrían en Alemaña; tamén comezaron a disputarse grandes premios noutros países coma o Brasil, o Xapón ou Finlandia e a competición adaptou o nome de Campionato Internacional de Turismos (ITC). Esta decisión fixo que os custos subiran de maneiras desorbitadas e que por esta razón Alfa Romeo, BMW e Opel deixaran de correr na competición facendo que Mercedes-Benz quedara soa e que o ITC desaparecera no ano 1997.
Deutsche Tourenwagen Masters
Logo duns anos sen DTM, os directores deportivos de Mercedes-Benz, Audi e Opel reuníronse no 1998 e no 1999 co fin de refacer o DTM como unha competición tecnolóxica, divertida e de custos razonábeis.
O novo DTM empezou a correrse no ano 2000 e converteuse na serie de turismos máis importante a nivel mundial. Actualmente, os automóbiles desta competición contan con motores V8 de 4.0 litros e cunha potencia máxima de 480 CV. Cada piloto conta só con dous motores por campaña, o cal reduce os custos de competición en moito diñeiro.
Opel abandonou o campionato no 2005. BMW regresou ao DTM na temporada 2012. Na actualidade, o DTM dispútano automóbliles de tres marcas: Mercedes-Benz, BMW e Audi.
Na tempada 2017 o campionato sufriu as súas últimas modificacións. O número de pilotos do DTM rebaixouse de 24 a 18. Ademais, as dúas carreiras da fin de semana pasaron a ser dunha distancia de 55 minutos máis unha volta completa.
Remove ads
Circuítos
|
|
|
Remove ads
Campións

Campións do Deutsche Tourenwagen Meiterschaft
Campións do Deutsche Tourenwagen Masters
2018 || Disputándose
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Web oficial do DTM
- Web oficial de Mercedes-Benz Motorsport Arquivado 29 de maio de 2015 en Wayback Machine.
- Web oficial de BMW MotorsportArquivado 13 de maio de 2015 en Wayback Machine.
- Web oficial de Audi Motorsport Arquivado 07 de maio de 2015 en Wayback Machine.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads