Christopher Howgego
numismático británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Christopher J. Howgego é un numismático británico especializado na moeda da antigüidade, conservador do gabinete numismático do museo Ashmolean, da Universidade de Oxford.[1]
Howgego é tamén, desde 1988, profesor de Numismática Grega e Romana no Wolfson College, da mesma universidade, e profesor honorario da Universidade de Warwick.[2]
Na literatura científica é citado frecuentemente como C. J. Howgego.[3]
Remove ads
Traxectoria
O seu centro de interse como investigador é a moeda antiga como elemento que contribúe ao entendemento da historia. O seu primeiro libro versaba sobre as contramarcas da moeda provincial romana, utilizadas como elemento de datación para investigar as relacións entre as cuñaxes e os exércitos, as migracións, a inflación e a función do diñeiro.[1]
A partir de aí, ocupouse nas súas investigacións de temas como os motivos das civilizacións antigas para cuñaren moeda, a subministración e o uso do diñeiro no mundo romano, a circulación monetaria e a súa vinculación coa economía na Antiga Roma ou a relación entre a cuñaxe de moeda e a identidade nas provincias romanas do Imperio.[1][4] Howgego foi fundador e un dos directores de Roman Provincial Coinage Online e, xunto con Andrew, dirixiu tamén o proxecto Coin Hoards of the Ronman Empire ("Achados monetarios do Imperio Romano").[5][6][7] Participa, así mesmo, como editor nas series Roman Imperial Coinage e Roman Provincial Coinage.[1][2][8]
Ingresou no museo Ashmolean en 1988, inicialmente como conservador das moedas da Antiga Grecia e da Antiga Roma, e en 2005 ascendeu a responsable da sala Heberden de moedas.[9] Finalmente, en 2006 foi nomeado conservador xeral e coordinador de investigación do museo.[1][2][10]
Howgego é vicepresidente da Real Sociedade Numismática de Londres, membro honorario da Sociedade Real de Numismática de Bélxica e membro correspondente da Sociedade Numismática Americana.[1]
Remove ads
Recoñecementos
- (1996): Premio Lhotka, da Royal Numismatic Society, pola súa obra Ancient History from Coins.[11]
- (2014): Medalla Bjørnstad da Norsk Numismatisk Forening ("Sociedade Numismática Norueguesa").[1][12]
Publicacións
Esta é unha escolma das monografías e os artigos máis salientables de Cristopher Howgego:[3][13][14]
Monografías
- (1985): Greek Imperial Countermarks. Studies in the Provincial Coinage of the Roman Empire. Royal Numismatic Society. Special Publications, 17. ISBN 978-0901405234
- (1995): Ancient History from Coins. Routledge. Routledge. ISBN 978-0415089937
- (2005): Coinage and Identity in the Roman Provinces. Con V. Heuchert e A. Burnett. Oxford University Press. ISBN 978-0199265268
Artigos
- (1981): "Ionian Magistrates: Caracalla or Elagabalus?". En The Numismatic Chronicle. Vol. 141. Páxinas 147-149.
- (1982): "Coinage and Military Finance: the Imperial Bronze Coinage of the Augustan East". En The Numismatic Chronicle. Vol. 142. Páxinas 1-20.
- (1990): "Why did Ancient States strike Coins?". En The Numismatic Chronicle. Vol. 150. Páxinas 1-25.
- (1992): "The Supply and Use of Money in the Roman World 200 B.C. to A.D. 300". En The Journal of Roman Studies. Vol. 82. Páxinas 1-31.
- (1992): "Greek and Roman coins from Eastern Arabia". Con D. T. Potts. En Arabian Archeology and Epigraphy. Vol. 3. Nº. 3.
- (2002): "The Denarii of Septimius Severus and the Mobility of Roman Coin: A Reply". En The Numismatic Chronicle. Vol. 162. Páxinas 339-342.
- (2013): "The Monetization of Temperate Europe". En The Journal or Roman Studies. Vol. 103. Páxinas 16-45.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads