Cibarcos

pobo prerromano de Gallaecia From Wikipedia, the free encyclopedia

Cibarcos
Remove ads

Os cibarcos ou cabarcos[1] (en latín: Cibarci ou Cabarci) eran un pobo galaico da Gallaecia, situado por Plinio (Nat. Hist., 4, 20, 111) no Convento xurídico lucense e que cita, en orde, despois dos albións e antes dos egobarros. Segundo J. L. Maya, estes tres pobos estaban constituídos por diversos castros vinculados ou confederados entre eles.[2]

Datos rápidos Localización ...
Remove ads

Redución xeográfica

Asígnaselles territorio costeiro, en torno ao actual Ribadeo, de xeito que o río Eo os separaría dos albións, mentres máis a Occidente se localizarían os egobarros. A identificación, xa desde Benito Vicetto, na súa Historia de Galicia, apóiase na continuidade do seu nome nas dúas freguesías denominadas Cabarcos (San Xulián de Cabarcos e San Xusto de Cabarcos), sitas no concello de Barreiros. Identificación que logo manterían Vicente Risco, Florentino L. Cuevillas e outros. Aínda con interrogantes é mantida polo francés A. Tranoy.

Porén, Santos Yanguas sitúa os cibarcos no centro costeiro que vai entre o río Navia e o Eo.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads