Cistite intersticial

From Wikipedia, the free encyclopedia

Cistite intersticial
Remove ads

A cistite intersticial ou síndrome da vexiga dolorosa é unha doenza de causa descoñecida que se caracteriza por un aumento da frecuencia urinaria, a sensación de non poder conter a urina e a urxencia de miccionar o máis axiña posible. Tamén coexiste, xunto a estes síntomas, a dor na zona perineal ou abdominal. Todos estes síntomas prodúcense en ausencia dunha infección urinaria. Igual que moitas das patoloxías de etioloxía descoñecida, o diagnóstico é de exclusión[1] e baseado en síntomas do paciente.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...
Thumb
Vexiga urinaria masculina e feminina.
Remove ads

Causa

As causas da cistite intersticial son descoñecidas.[2]

Síntomas

Os síntomas da cistite intersticial inclúen:

  • Dor pelviana
  • Aumento na frecuencia miccional (Poliaquiuria)
  • Nicturia (aumento da micción pola noite)
  • Disuria (dor ao miccionar).

Tratamento

Dado que non se coñecen as causas da doenza, non existe un tratamento específico da enfermidade.

As opcións terapéuticas abranguen o tratamento médico, cirúrxico ou o cambio no estilo de vida.

En canto aos hábitos, recoméndase evitar o alcohol, a cafeína, as froitas da familia dos cítricos ou as comidas picantes, pois semella que estes compoñentes poden agravar a irritación da vexiga urinaria. O exercicio físico, e en especial os exercicios do chan pelviano de Kegel, poden ser útiles. Outras medidas non farmacolóxicas inclúen a redución do estrés ou a psicoterapia.

O tratamento da dor derivado da cistite intersticial trátase de xeito similar a outras patoloxías que cursan con dor. Os máis empregados son os analxésicos vía oral, coma os AINEs (ibuprofeno, dexketoprofeno ou metamizol) o paracetamol ou o polisulfato de pentosano sódico. Tamén se empregan antidepresivos tricíclicos ou anticonvulsivantes.

O tratamento medicamentoso tópico intravesical pode ser con dimetilsulfóxido ou con lidocaína. O tratamento cirúrxico consiste na hidrodistensión.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads