Clorofila b

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Clorofila b
Remove ads

A clorofila b[1] é un tipo de clorofila que funciona como pigmento fotosintético, que colabora na absorción da enerxía da luz na fotosíntese. É máis soluble que a clorofila a en solventes polares debido ao seu grupo carbonilo. A súa cor é amarela, e absorbe principalmente luz azul.[2]

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...
Thumb
Os espectros de absorción das clorofilas a e b. O uso de ambas xuntas mellora o intervalo de lonxitudes de onda do espectro de absorción de luz para producir enerxía.

Nas plantas terrestres, as antenas recolectoras de luz arredor do fotosistema II conteñen a maioría da clorofila b da planta. Por tanto, en cloroplastos adaptados á sombra, que teñen unha proporción incrementada de fotosistema II en relación ao fotosistema I, hai unha menor proporción de clorofila a con respecto á b.[3] Isto é adaptativo, xa que o incremento de clorofila b aumenta o intervalo de lonxitudes de onda absorbidas polos cloroplastos adaptados á sombra.

Thumb
Thumb
Estrutura da molécula da clorofila b que mostra a súa longa cola hidrocarbonada
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads