Comarca da Terra de Caldelas
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no norte da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.
Remove ads
Demografía
A comarca de Terra de Caldelas contaba en 2020 cunha poboación de 2.764 habitantes. A poboación menor de 15 anos era o 4,09% do total, o que representa uns niveis moi baixos en relación á media de Galicia (12,55%[1]), mentres que pola outra banda o 45,22% contaba con máis de 65 anos, o que deixa unha poboación en idade de traballar dun 50,69%.[2]
A idade media da poboación en 2020 era de 59,54 anos,[2] que supera amplamente a media galega (47,48 anos[3]).
En relación ao movemento natural da poboación, no ano 2019 houbo 6 nacementos en toda a comarca e 66 defuncións, o que deixou un saldo vexetativo negativo de -60.[2]
Remove ads
Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal na Galería de imaxes da comarca da Terra de Caldelas
- Concellos de Terra de Caldelas
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads