Compay Segundo

músico cubano From Wikipedia, the free encyclopedia

Compay Segundo
Remove ads

Máximo Francisco Repilado Muñoz, nado en Siboney, Santiago de Cuba, o 18 de novembro de 1907 e finado na Habana o 14 de xullo de 2003, coñecido artisticamente como Compay Segundo, foi un músico e compositor cubano cunha ampla traxectoria mundial.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Converteuse nun compositor e intérprete moi coñecido. Comezou a tocar a guitarra, o tres cubano, o clarinete e o bongó. Tamén tocou a conga ou tumbadora.

Foi o creador da melodía Chan-chan,[1] e inventor do armónico, un híbrido de sete cordas entre a guitarra española e o tres cubano. Este instrumento tenta imitar o timbre do tres engadindo unha corda de oitava na terceira corda (sol). A súa afinación é a mesma que a da guitarra. Primeira corda mi, segunda si, terceira sol (corda de dobre oitava) e re, la, mi, afinadas unha oitava por riba da afinación propia da guitarra.

Remove ads

Traxectoria

Nado nunha humilde familia labrega, comezou a traballar moi novo, o que non lle impediu aprender a tocar a guitarra e o tres cubano de oído.[2] Cando o seu pai foi despedido do ferrocarril no que traballaba, trasladouse coa súa familia a Santiago, capital da provincia, e aínda que comezou a traballar como barbeiro, sabía xa daquela que o seu futuro ía cara á música. Con outros rapaces da cidade fundou o sexteto Los Seis Ases, e sendo aínda pequeno comezou a tocar o clarinete, que lle comprou ao seu dono liando tabaco na súa propiedade.

Comezou a súa carreira musical moi novo cando compuxo as súas primeiras cancións e nos anos trinta formou parte de diversas agrupacións artísticas de Santiago como o Cuarteto Trobadores Orientales e o Cuarteto Hatuey. Tamén foi vocalista do conxunto de Miguel Matamoros.

En 1948, Repilado, como segunda voz e tocador de tres, fundou o dúo Los Compadres con Lorenzo Hierrezuelo. Lorenzo, como primeiro vocal, chamábase Compay Primo e Repilado, como fixo a segunda voz, adoptou o alcume de Compay Segundo. Los Compadres constituíron un fenómeno de popularidade que se prolongou até 1955 cando Reinaldo Hierrezuelo, irmán de Lorenzo, substituíu a Compay Segundo que á súa vez formou un novo grupo ao que bautizou como 'Compay Segundo y sus muchachos'.

Gañou fama internacional en 1997 coa súa participación no álbum Buena Vista Social Club, que gañou varios premios Grammy, e coa súa aparición na película homónima dirixida por Wim Wenders. En 1998 tocou no Teatro Olympia de París, e en abril de 2002, compartiu o escenario do Palais des congrès de Paris, co tamén destacado soneiro Adalberto Álvarez nun concerto homenaxe á contribución sonora de Cuba no 20 aniversario da fundación de Radio Latina.[3]

Nos últimos anos, actuou ante millóns de espectadores e gravou nove álbums.

Colaborou con Carlos Núñez gravando e tocando en directo "Para Vigo me voy" de Ernesto Lecuona.[4]

Non puido cumprir o seu soño de chegar á idade alcanzada pola súa avoa, que era escrava e morreu libre aos 106 anos.[5] Morreu na Habana por mor dunha insuficiencia renal aos 95 anos. O seu conxunto, conservando o seu nome como conxunto Compay Segundo, continuou facendo concertos[6] e en 2019 visitaron Ribadeo participando no festival Ribadeo Indiano.[7]

Remove ads

Discografía

  • 1942-1955
    • "Sentimiento Guajiro"
    • "Cantando en el Llano"
    • "Compay Segundo y Compay Primo"
    • "Mi Son Oriental"
    • "Los Reyes del Son"
    • "Los Compadres"
  • 1956-1995
    • "Balcón De Santiago"
    • "Balcón De Santiago (Reedición)"
    • "Saludo, Compay"
  • 1996-2002
    • "Cien Años de Son" (1996)
    • "Yo Vengo Aqui" (1996)
    • "Son del Monte" (1996)
    • "Musique Traditionelle Cubaine" (1997)
    • "Buena Vista Social Club" (1997)
    • "Antología" (1997)
    • "Lo Mejor de la Vida" (1998)
    • "Calle Salud" (1999)
    • "Yo Soy Del Norte" (2000)
    • "Las Flores de la Vida" (2000)
    • "Antología" (2001)
    • "Duets" (2002)
  • 2007
    • "Cien Años. 100th Birthday Celebration" (3CD+DVD)
Remove ads

Galería

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads