Complexo Intermareal Umia-O Grove

espazo natural protexido From Wikipedia, the free encyclopedia

Complexo Intermareal Umia-O Grovemap
Remove ads

O Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira é un espazo natural terrestre e mariño declarado como zona de protección de aves e zona húmida protexida.[1][2][3][4][5] [6][7] É tamén a zona Ramsar Complexo intermareal Umia-O Grove.[5][8] Está situado na ría de Arousa e esténdese polos concellos de Cambados, O Grove, Sanxenxo, Meaño, Ribadumia e a Illa de Arousa, cunha extensión total de 2.813 hectáreas.[5]

Datos rápidos Tipo, Localización ...

Destaca pola súa flora e fauna da marisma e, especialmente, pola súa abundante e variada poboación de aves acuáticas invernantes e nidificantes. Ocupan a marisma da ría durante os seus pasos migratorios ou aniñan.[5]

Remove ads

Xeografía

Os límites da ZEPA e Ramsar "Complexo Intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira" abranguen varios espazos[5]:

Thumb
  • A enseada do Umia e do Vao, que están formadas pola desembocadura do río Umia na ría de Arousa, ata o istmo que une O Grove con Sanxenxo e o esteiro interior deste límite.
  • O istmo que forman as dunas e praia da Lanzada. É a barreira que se abre á ría de Arousa ó leste e ó mar aberto do Atlántico ó oeste. Está formado por dunas sedimentarias fixadas pola vexetación sobre un fondo de arxila.
  • Os cantís da costa de San Vicente do Grove: a costa oeste da península do Grove presenta formacións xeolóxicas con grandes cons, furnas, cantís e algunhas praias.
  • O sur da Illa de Arousa e outras illas e illotes achegadas a esta, como os illotes da Rúa, Guidoiro Areoso e Guidoiro Pedregoso.
  • A lagoa Bodeira, que é a única lagoa litoral de auga doce pontevedresa. Esta atópase á beira da praia da Mexilloeira no Grove.
Remove ads

Flora e fauna

Flora

Thumb
Cistanche phelypaea, especie que, en Galicia, só se atopa no Complexo Umia-O Grove

Neste espazo atópanse varios endemismos de flora, como Cistanche phelypaea.[8] As especies da flora deste espazo en risco de extinción deste espazo natural son[5]:

Máis información Especie ...

Fauna

Aves

Por esta ZEPA migran un amplo número de aves migratorias e aniñan. De feito, durante o período invernal poden contabilizarse ata 13.000 a 16.000 aves acuáticas co cal é o principal punto de aves acuáticas galego e o segundo das costas cantábrico-galaicas.[5] Abundan en número as especies limícolas e anáticas, ora invernantes ou non, e as ardeidas que invernan.[8] Algunhas especies a destacar están a píllara papuda (Charadrius alexandrinus), a gabita (Haematopus ostralegus), o mazarico rabipinto (Limosa lapponica), a píllara cincenta (Pluvialis squatarola) e o furabuchos balear (Puffinus mauretanicus).[5]

As especies de aves en risco de extinción deste espazo natural son[5] :

Máis información Especie ...
Remove ads

Lexislación

O "Complexo intermareal Umia - O Grove, A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira" está amparado baixo as figuras de protección[5] :

  • Zona de Especial Protección para Aves (ZEPA) “Complexo intermareal Umia-O Grove-A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira", declarada o 2 de xaneiro de 1990, modificada o 19 de abril de 2001 e regulada pola plan director da Rede Natura 2000 establecido no Decreto 37/2014.[1][5]
  • Zona húmida protexida “Complexo intermareal Umia-O Grove-A Lanzada, punta Carreirón e lagoa Bodeira", que conta con 2.813 ha., que foi declarada o 7 de xuño de 2004 co Decreto 110/2004, do 27 de maio.[6][7]
  • Zona húmida de Importancia Internacional (Convenión de Ramsar) “Complexo intermareal Umia-O Grove", cunha extensión de 2.561 ha., que foi declarado o 5 de decembro de 1989 pola comisión do convenio Ramsar.[6][8]

Ademais, a súa totalidade está amparada por outra figuras de protección da Rede Natura 2000, a Zona Especial de Conservación (ZEC) “Complexo Ons-O Grove[9]. Este espazo natural inclúe ademais ás illas Ons.[5][9] Esta área tamén cadra parcialmente co IBA 003 "Ría de Arousa (O Grove)" do inventario de 1998 da SEO/BirdLife.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads