Condado de Niza

From Wikipedia, the free encyclopedia

Condado de Niza
Remove ads

O Condado de Niza (nizardo: Countea de Nissa) era unha división administrativa do Ducado de Savoia creado en 1388 en terra lígur e que desapareceu coa anexión a Francia en 1860. O condado de Niza está situado na rexión xeográfica italiana e tiña ao oeste, como fronteira natural con Francia, o río Var.

Datos rápidos Localización, Capital ...

Ao longo do tempo, as súas fronteiras non evolucionaron. Corresponde na actualidade ao distrito de Niza, no departamento dos Alpes Marítimos, en Francia e pertence a unha rexión cultural moi viva, que recibe o nome de "País nizardo" (Païs Nissart en nizardo ou Pays Niçois en francés). En case cinco séculos de existencia, o condado de Niza mesturouse coa historia Italia. Un país nizardo cuxa coherencia está asegurada pola cidade de Niza, capital rexional e que se caracteriza por unha profunda identidade.

Remove ads

Historia

Na época romana, a provincia dos Alpes Marítimos —que corresponderá máis adiante ao condado de Niza— foi creada ao oeste da Regio IX Liguria (no noroeste da Italia romana) como punto de separación entre Italia e as provincias da Galia.[1]

Savoia adquire Niza

Thumb
Antigos Estados italianos en 1494.
Thumb
Invasión e anexión francesa de Niza e de Savoia en 1860 durante a Unificación de Italia. Napoleón III impedirá a Córsega unirse a Italia.

No 1380, a condesa Xoana I de Nápoles, que non tiña fillos propios, adoptou a Luis de Anjou, irmán do rei de Francia Carlos V. O curmán de Luís, o duque Carlos de  Durazzo, dirixe entón a Unión de  Aix e asasina a  Xoana, empezando unha guerra de sucesión que rematará coa vitoria dos partidarios da Casa de  Anjou. Tomando vantaxe dos problemas, o conde de Savoia, Amadeo VII o Vermello, quen desexaba ter acceso ao mar, negociou con Jean  Grimaldi de  Bueil (Casa de  Grimaldi). Este último, o barón  Beuil, gobernador de  Niza e  senescal, non quería a soberanía de Francia (nos condados de  Provenza), situada na beira ao oeste do río  Var e do  Esteron.

En 1561, Manuel Filiberto de Savoia, suprimiu a utilización do latín como lingua administrativa e —do mesmo xeito que nos demais Estados italianos preunitarios— estableceu o idioma italiano como lingua oficial nos asuntos gobernamentais no condado de Niza; aínda que a poboación seguía utilizando, coloquialmente e a nivel informal ou non escrito, sempre a fala local: unha variante do idioma lígur nas zonas máis orientais do condado e unha variante de transición entre o lígur e o provenzal — tamén coñecida como nizardo- nas zonas máis occidentais.[2]

Foi ocupado por Francia en 1792. Ata que foi devolto ao Reino de Sardeña polo Tratado de París (1814).

No 1860 Francia invade e anexiona o condado de Niza. Giuseppe Garibaldi, líder da reunificación italiana e nacido en Niza, oporase a iso firmemente e numerosas rebelións para a unificación con Italia serán duramente reprimidas polo exército francés entre o 1860 e o 1870. Francia organizará un referendo falsificado para xustificar a súa anexión en abril do 1860. O referendo estará en lingua francesa incomprendida pola poboación nizarda e controlado polo exército francés. Haberá unha taxa enorme de abstención.

No 1947 polo Tratado de París as cidades italianas da Brigue e Tende pasaron a Francia, quedando en Italia Briga Alta. Únicas poboacións do condado de Niza que se incluíron no Reino de Italia.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads