Lingua lígur (románica)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A lingua lígur[2] (en lígur: Lìgure) é unha lingua románica galoitálica con aproximadamente 2 millóns de falantes nas rexións italianas de Liguria, Piemonte e Sardeña; no Principado de Mónaco (oficial na variedade monegasca); na costa sur da Francia continental; na illa francesa de Córsega; e tamén en Buenos Aires, Chile e parte dos Estados Unidos, o Canadá e Australia, onde houbo inmigración de lígures.
Remove ads
Características
Pertence ó grupo occidental das linguas romances como o catalán, o castelán e o portugués e atópase xeograficamente preto das linguas rexionais do norte de Italia. Posúe diferentes variantes como o dialecto xenovés (da cidade de Xénova, o máis estendido por razóns históricas), o savonés (de Savona), o monegasco etc. A máis alta expresión artística desta lingua é probablemente o álbum Crêuza de mä polo cantante e compositor xenovés Fabrizio De Andrè. Todo o álbum está escrito e cantado en lígur, e foi considerado un dos mellores da música mundial durante os anos oitenta.
Entre os falantes desta lingua máis famosos atópanse Niccolò Paganini, Giuseppe Garibaldi, Eugenio Montale ou Italo Calvino.
Remove ads
Extensión xeográfica
Ademais de en Liguria, onde o idioma é falado tradicionalmente na costa, fálase no norte da Toscana, no sur do Piemonte (provincia de Alessandria), o extremo occidental da Emilia-Romaña (provincia de Piacenza), no norte de Sardeña, Alpes Marítimos de Francia (principalmente na Côte d'Azur) na zona da fronteira italiana, incluíndo Mónaco, e partes de Córsega. Foi adoptado oficialmente en Mónaco como nome de lingua monegasca, ou localmente, Munegascu.
O dialecto Mentonasc, falado no leste do condado de Niza, é considerado como un dialecto occitano de transición cara ao lígur, e á inversa o Roiasc e o Pignasc falados máis ao norte na marxe oriental do condado da Liguria son dialectos que mostran as influencias occitanas.
Remove ads
Relacións

O lígur presenta características distintas do italiano, aínda que tamén ten características doutras linguas románicas. Non hai relación entre a lingua romance actual da Liguria e a antiga lingua lígur dos antigos pobos que habitaban a rexión. Existen, con todo derivacións toponomásticas da antiga Liguria.
Alfabeto
O alfabeto lígur ten seis vogais (a, e, i, o, u, y), dezaoito consoantes (b, c, ç, d, f, g, h, l, m, n, p, q, r, s, t, v, x, z). Ademais utiliza a diérese (¨), acento circunflexo (^), acento agudo (´) e grave (`) na maioría das vogais tónicas, cando se utiliza a grafía oficial con todos os acentos para aclarar a pronuncia.
Na grafía oficial, que toma os usos máis xeneralizados historicamente polos poetas xenoveses, o son do U galego escríbese O, para o de U francesa úsase o U, e para o noso O, acentúase Ò ou ben Ö segundo sexa a vogal curta ou longa.
Remove ads
Vocabulario

(Na grafía oficial)
- o péi: pera.
- o méi: mazá.
- o çetrón: limón.
- o fîgo: figo.
- o pèrsego: pexego.
- a franboâza: framboesa.
- a çêxa: cereixa.
- o meréllo / mêlo: amorodo.
- o bricòcalo: albaricoque.
- l'ûga: uva.
- o pigneu: piñeiro.
- arvî: abrir.
- serâ: pechar.
- parlâ: falar.
- çercâ: procurar.
- trovâ: atopar.
- o vìn: viño
- a lûxe / o ciæo: luz.
- a cà: casa.
- l'êuvo: ovo.
- l'éuggio: ollo.
- a bócca: boca.
- a tésta: testa.
- o brasso: brazo.
- o cheu: corazón.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads