Condado de Tyrone
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Condado de Tyrone (Contae Tír Eoghain en irlandés, Coontie Owenslann en escocés do Ulster[1]) é o maior dos seis condados de Irlanda do Norte, un dos condados tradicionais da illa de Irlanda, que se localiza na provincia do Ulster.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Tyrone.
Posúe unha área de 3,155 km² e é o sétimo dos 32 condados irlandeses en tamaño e o oitavo por poboación[2]. É o segundo máis grande dos 9 condados da provincia do Ulster e o cuarto por poboación.
A capital de Tyrone é Omagh. Castlederg e Coalisland son outras poboacións importantes. Antigamente Tyrone chegaba até o Lago Foyle, no norte, incluíndo parte do actual Condado de Londonderry.
Divídese en catro distritos:
- Cookstown
- Dungannon
- Omagh
- Strabane
Remove ads
Topónimo
O nome Tyrone provén do irlandés Tír Eoghain ("terra de Eógan"). Eógan/Eoghan era fillo do rei Niall Noígíallach, e irmán de Conall Gulban, quen lle deu o seu nome ao reino de Tír Chonaill.[3]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads