Guerra de Gaza

conflito armado na Franxa de Gaza que comezou en outubro de 2023 From Wikipedia, the free encyclopedia

Guerra de Gaza
Remove ads

O 7 de outubro de 2023[1] estalou un conflito armado israelí-palestino entre grupos militantes palestinos[2] liderados por Hamas e as forzas militares israelís. O conflito comezou cun ataque de Hamas ao sur de Israel,[3] ao cal as forzas militares israelís responderon con amplos ataques na Franxa de Gaza de Palestina[4] e cunha invasión de Gaza.[5] A finais de outubro, máis de 1.500 israelís[6] e máis de 8.000 palestinos foron asasinados, incluíndo máis de 3.000 nenos, ao tempo que uns 230 israelís e estranxeiros seguían en cativeiro ou tomados como reféns por Hamas.[7]

Datos rápidos Datas e cronoloxía, Características ...
Thumb
     Franxa de Gaza      Áreas evacuadas dentro de Israel      Extensión actual da invasión israelí en Gaza      Extensión máxima da invasión de Hamas en Israel      Área en Gaza que Israel ordenou evacuar

O ataque de Hamas comezou na maña do 7 de outubro cun lanzamento de máis de 5.000 foguetes dende a Franxa de Gaza contra Israel,[8] mentres uns 3.000 militantes palestinos atravesaron a barreira entre Gaza e Israel, asesinando civís en máis dunha ducia de masacres e incendiando as súas vivendas, así como atacando as bases militares das Forzas de Defensa de Israel preto da Franxa de Gaza.[9] Cando menos uns 44 países, a maioría deles occidentais, cualificaron a incursión sorpresa como un ataque terrorista.[10] Hamas declarou que o seu ataque era unha resposta á "profanación da Mesquita de Al-Aqsa", o bloqueo da Franxa de Gaza, os asentamentos israelís e a violencia dos colonos israelís.[11][12][13]

A actual guerra, a máis violenta dende a guerra do Yom Kippur, é a quinta guerra na Franxa de Gaza, e forma parte do conflito israelí-palestino.[14] En 2023, antes do comezo da ofensiva, un aumento na violencia entre israelís e palestinos causou a morte de cando menos 247 palestinos, 32 israelís e dous estranxeiros.[15][16][17]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads