Heteroconger
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Heteroconger é un xénero de peixes angüiliformes da familia dos cóngridos que comprende varias especies, coñecidas como heterocongros, e que, xunto coas do xénero Gorgasia, constitúen a subfamilia dos heterocongrinos.
Son peixes moi semellantes ás anguías, das que se diferencian sobre todo por viviren enterrados na area ou na lama do fondo, do que sobresae só a cabeza e a parte anterior do tronco, e que viven xeralmente agrupados en colonias, polo que tamén reciben os nomes de anguías de xardín ou anguías tubícolas. Aliméntanse de plancto.
O xénero foi descrito por Bleeker no ano 1868.
Remove ads
Características e bioloxía
Anatomía
Corpo moi alongado e comprimido (miden aproximadamente 40 cm e son moi delgados). Cola moito máis longa que a cabeza e o resto do corpo. Aletas dorsal e anal que, ás veces, conflúen coa aleta caudal. Aletas pectorais ausentes ou vestixiais. Cabeza curta. Fociño moi curto. Boca curta e oblicua. Ollos grandes en comparación co seu corpo e olfacto débil debido ao seu diminuto nariz.[1]
Comportamento
Viven enterrados na area do fondo, e xeralmente só é visíbel a cabeza e a metade dianteira do tronco, pero se se molestan retíranse enteiramente no seu agocho. As anguías de xardín son tímidas cos outros animais e cos humanos, pero os machos son agresivos cos outros machos da súa especie. Cando se senten ameazadas, retírase ao seu tobo, e péchano cun bloque de moco para que os depredadores non poidan penetrar no seu fogar.[2]
Distribución
A maior parte das especies habitan na rexión Indo-Pacífica, pero tamén hai outras que viven nas augas tropicais e subtropicais de todo o mundo, especialmente nas partes máis cálidas do océano Atlántico (incluíndo o mar Caribe) e do Pacífico oriental.[1]
Bioloxía
Os científicos aínda non coñecen a lonxevidade dos heterocongros en estado salvaxe. Son carnívoros e aliméntanse de plancto. Para buscar a comida válense sobre todo na vista, debido aos seus grandes ollos. Permanecendo no seu tobo, e movendo a cabeza, atrapan o plancto que chega á deriva debido ás correntes. reprodúcense sexualmente e presentan dimorfismo sexual. Na época da reprodución, sen saír do tobo, acércanse entre si, e os machos entrelázanse coa femia coa que queren aparearse, á que defenden ferozmente, mordéndolles a cabeza, e mesmo os ollos, aos outros pretendentes. Liberan os gametos na auga, onde os ovos se fecundan e quedan flotantes reuníndose na zona epipeláxica. Cando os ovos eclosionan, os heterocongros desenvolven as súas larvas flotando na auga e, cando son o suficientemente grandes, nadan até o fondo e escavan na area cadanseu tobo na periferia da colonia, que así vai medrando.[3]
Remove ads
Clasificación
Xénero Heteroconger Bleeker, 1868
- Sinónimos:[4]
- Nystactes Böhlke, 1957
- Taenioconger Herre, 1923
- Xarifania Klausewitz e Eibl-Eibesfeldt, 1959
- Nystactichthys Böhlke, 1958
Especies [5]
- Heteroconger balteatus Castle e Randall, 1999
- Heteroconger camelopardalis Lubbock, 1980
- Heteroconger canabus Cowan e Rosenblatt, 1974
- Heteroconger chapmani Herre, 1923
- Heteroconger cobra Böhlke e Randall, 1981
- Heteroconger digueti Pellegrin, 1923
- Heteroconger enigmaticus Castle e Randall, 1999
- Heteroconger hassi Klausewitz e Eibl-Eibesfeldt, 1959
- Heteroconger klausewitzi Eibl-Eibesfeldt e Köster, 1983
- Heteroconger lentiginosus Böhlke e Randall, 1981
- Heteroconger longissimus Günther, 1870
- Heteroconger luteolus Smith, 1989
- Heteroconger obscurus Klausewitz e Eibl-Eibesfeldt, 1959
- Heteroconger pellegrini Castle, 1999
- Heteroconger perissodon Böhlke e Randall, 1981
- Heteroconger polyzona Bleeker, 1868
- Heteroconger taylori Castle e Randall, 1995
- Heteroconger tomberua Castle e Randall, 1999
- Heteroconger tricia Castle et Randall, 1999
Remove ads
Galería
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads