Copa do Rei de baloncesto

From Wikipedia, the free encyclopedia

Copa do Rei de baloncesto
Remove ads

A Copa do Rei de baloncesto (en castelán: Copa del Rey de Baloncesto) é unha competición de baloncesto que se disputa anualmente en España. Organizada nos seus inicios pola Federación Española de Baloncesto (FEB), desde 1983 a competición é organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB). O torneo comezou a xogarse co nome de Campionato de España, disputándose a súa primeira edición en 1933. Esta competición foi a primeira que enfrontaba a clubs de todo estados, xa que a Liga Nacional non foi creada até 1957, vinte e catro anos despois.

Para outras competicións co mesmo nome, véxase Copa do Rei.
Datos rápidos Nome na lingua orixinal, Tipo ...

Actualmente disputan a competición oito equipos, sendo estes os sete mellores clasificados na Liga ACB ao final da primeira volta da competición xunto cun conxunto da cidade organizadora do torneo. O formato de competición é un sistema de final a oito a partido único. Tradicionalmente, o equipo gañador lograba ademais o dereito a inscribirse na seguinte edición da Recopa de Europa. Porén, actualmente a Copa non dá acceso a ningunha competición de carácter continental.

Remove ads

Historia

A primeira edición da Copa do Rei, naquela altura Campionato de España de baloncesto, botou a andar o 15 de outubro de 1933, algo máis dunha década despois da chegada a España do baloncesto, grazas ao pai escolapio Eusebio Millán.[1] Nun principio, a súa primeira edición estaba aberta a todos os campións rexionais, porén, por diversos motivos económicos e profesionais, a competición quedou circunscrita aos campións e subcampións de Cataluña e Castela. Como o resto de competicións deportivas en España, a competición suspendeuse en 1936 debido á Guerra Civil, para renovarse novamente baixo unha nova denominación ao final da mesma, a Copa do Xeneralísimo.

Após o mudanza de denominación, o número de equipos participantes aumentou a oito tras a incorporación de Aragón. Así a copa pasou a ser disputada desde os cuartos de final. Este sistema mantívose até 1942, cando os participantes aumentaron até 16 coa incorporación de clubs de Murcia, Estremadura, Asturias, País Vasco, Illas Baleares e Galiza, chegando a un tope máximo de vinte e catro participantes na seguinte edición. Neste época, o principal equipo dominador foi o Real Madrid, que conseguiu 15 títulos entre os anos 1956 e 1977. Co fin da ditadura e a creación da Liga ACB en 1983, a Copa foi tamén obxecto de remodelacións que a levaron a ser unha competición de referencia no mundo do baloncesto, exportándose o modelo de competición exportouse a outros países e deportes.

Remove ads

Denominacións

O torneo naceu co nome de Campionato de España, porén, o nome oficial da competición mudou ao longo dos anos en función do Xefe de Estado, xa que é quen outorga o trofeo desde a primeira edición. Así, o torneo ten contado coas seguintes denominacións:

  • Campionato de España de Copa (1933−1936)
  • Campionato de España–Copa da Súa Excelencia o Xeneralísimo (1940−1976)
  • Campionato de España–Copa da Súa Maxestade o Rei (1976−1983)
  • Copa da Súa Maxestade o Rei–ACB (1983−presente).
Remove ads

Historial

Copa de España (1933−1936)

Máis información Ano, Campión ...

Copa do Xeneralísimo (1940-1976)

Máis información Ano, Campión ...

Copa do Rei (1977−presente)

Máis información Ano, Campión ...

Desde a edición de 1990 a ACB entrega o trofeo MVP ao mellor xogador da Copa do Rei

Máis información Ano, Campión ...
Remove ads

Palmarés

Por equipo

Thumb
Trofeo actual
Máis información Equipo, Campión ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads