Liga Española de Baloncesto (1957-1983)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A Liga Española de Baloncesto é o nome que recibiu a actual competición que, desde 1980, enfrontaba aos clubs españois cada ano nunha competición de liga con partidos entre todos os participantes, a dobre volta. Foi organizada pola Federación Española de Baloncesto até 1983 cando os clubs, organizados na recentemente creada Asociación de Clubs de Baloncesto, decidiron organizar a Liga ACB, unha nova competición independente da FEB.

Para a actual liga homónima véxase: Liga LEB
Datos rápidos Tipo, Deporte ...
Remove ads

Formato

A pesar de ser, formalmente, dúas competicións distintas, con regras e sistema de competición diferentes, a Liga ACB é considerada a continuadora da Primeira División da Liga Española de Baloncesto que organizaba a Federación Española de Baloncesto. A Primeira División foi disputada entre 1957 e 1983, variando o número de participantes desde os seis da primeira edición até os 14 da última, sendo o máximo de equipos o acadado na temporada 1972−1973 con 16. Esta competición, a diferenza da ACB, non contaba con play-offs para determinar ao campión. Todos os participantes enfrontábanse en partidos de ida e volta entre si de acordo a un calendario estabelecido por sorteo a principio de temporada, deste xeito, todos os equipos enfrontábanse contra todos dúas veces, e unha vez en cada campo.

A vitoria valía dous puntos e o empate un punto, xa que naquel tempo o regulamento contemplaba o empate a puntos. Ao finalizar a "segunda volta" concluía a liga e o primeiro clasificado, é dicir, o equipo que máis puntos sumara, era proclamado campión. Este equipo gañaba ademais o dereito de disputar a Copa de Europa organizada pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA). Ademais, os seguintes clasificados eran convidados a disputar a Copa Korać, agás se algún deles gañara a Copa do Rei, que nese caso era convidado a disputar a Recopa de Europa. Os método para o descenso variou segundo a temporada, chegando a haber tanto descenso directo como partidos de promoción, onde os equipos peor clasificados disputaban a súa permancencia contra os mellores da segunda categoría. Durante as 27 temporadas que se disputou a liga, o Real Madrid foi o dominador absoluto da competición, gañando 22 das 27 edicións. Foi destronado en tan só en cinco ocasións, tres veces polo FC Barcelona en e dúas veces polo Joventut Badalona .

Remove ads

Equipos participantes

Nas 27 tempadas que houbo entre 1957 e 1983 competiron un total de 45 equipos na Primeira División da Liga Española de Baloncesto.

Máis información Equipo, PX ...
Remove ads

Historial

Máis información Ano, E. ...

Palmarés

Títulos

Máis información Equipo, Campión ...
Remove ads

Máximos anotadores

Thumb
Claude Gregory foi o máximo anotador da última temporada da Primeira División.
Máis información Ano, Xogador ...
Remove ads

Récords

Thumb
Clifford Luyk ten o récord de máis títulos (14).

Equipos

Adestradores

  • Máis títulos: Pedro Ferrándiz (12)
  • Máis títulos en distintos equipos: Antoni Serra (3 en 2 equipos, FC Barcelona e Joventut)

Xogadores

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads