Corey Feldman

actor estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Corey Feldman
Remove ads

Corey Scott Feldman, nado nos Ánxeles o 16 de xullo de 1971 é un actor estadounidense. Alcanzou o estrelato moi novo na década de 1980, con papeis en películas como Gremlins (1984), Os Goonies (1985) e Conta comigo (Stand by Me, 1986).[1][2] En 1987, Feldman protagonizou a película de terror The Lost Boys xunto con Corey Haim; os dous foron coñecidos como "The Two Coreys" e apareceron xuntos noutros filmes, incluíndo License to Drive (1988) e Dream a Little Dream (1989).

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Corey Scott Feldman é o segundo dos cinco fillos que naceron de Sheila e Bob Feldman, un músico que finalmente posuía a súa propia axencia de talentos.

Thumb
Corey Feldman nos Premios da Academia de 1989.

Comezou a súa carreira aos seis anos no programa de televisión Mickey Mouse Club, nos anos 70.[3] No cine, debutou na película Friday the 13th - The Final Chapter.[4] Nesta película interpretou o papel de Tommy Jarvis, irmán da protagonista Trish Jarvis, interpretada por Kimberly Beck. Tamén traballou no vídeo musical Last Friday Night (TGIF) de Katy Perry, no que interpretou o papel de Kirk Terry, pai da protagonista Kathy Beth Terry (álter ego da cantante). En 2015, interpretou o papel de Magnus no Story Mode do videoxogo Minecraft de Telltale Games.

En marzo de 2018, o actor sufriu un ataque, ao ser apuñalado[5] por unha persoa descoñecida, só unha semana despois de prestar testemuño á policía sobre os casos de pederastia que sufriu entre bastidores das películas que realizou nos anos 80[6] [7] e de ameazas nas redes sociais.[8]

Remove ads

Filmografía

  • 1984 - Friday the 13th; The Final Chapter - Tommy
  • 1984 - Gremlins - Pete
  • 1985 - Friday the 13th: A New Beginning - Tommy
  • 1985 - Os Goonies - Boca
  • 1986 - Stand by Me - Teddy Duchamp
  • 1987 - The Lost Boys - Edgar Frog
  • 1988 - License to Drive - Dean
  • 1989 - The 'Burbs - Rick
  • 1990 - Exile / A Deserted Island Adventure - Schenke
  • 1991 - Rock 'n' Roll High School Forever - Jesse Davis
  • 1996 - Bordello of Blood - Caleb Verdoux
  • 2000 - The Million Dollar Kid
  • 2001 - Citizen Toxie: The Toxic Avenger IV - Dr.Kinky Finkelstein
  • 2004 - Puppet Master vs Demonic Toys - Robert Toulon
  • 2008 - Lost Boys 2: The Tribe - Edgar Frog
  • 2010 - Lost Boys 3: The Thirst - Edgar Frog
  • 2015 - Modo Historia de Minecraft - Magnus
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads