Coroza

peza de vestir feita de xuncos empregada para se resgardar da choiva From Wikipedia, the free encyclopedia

Coroza
Remove ads

Unha coroza,[1] ou caroza,[2] é unha peza de vestir tradicionalmente empregada na Galicia rural para resgardarse da choiva.[3] Estaba feita de xuncos ou de colmo e completábase cunhas polainas e un carapucho do mesmo material.

Thumb
Francisco Fernández del Riego vestido cunha caroza.

Está confeccionada en tres partes, unha exterior que cobre os ombreiros e chega até a cintura, e dúas interiores que comezan dende os ombreiros e que chegan até os pés. Na parte inferior das pernas póñense as polainas e para os pés unhas botas de coiro con sola de madeira.[4] Pode levar un capelo,[5] unha carapucha feita en capas do mesmo material para cubrir a cabeza.

Esta peza de vestir foi caendo en desuso, e o 6 de marzo de 2018, morreu en Castro, Carballedo, Alejandro Regal Regal, o último fabricante de corozas da comarca de Chantada e, poida que o último de Galicia. Alejandro tiña 88 anos e era un dos últimos artesáns que sabían como elaborar este traxe.[6]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads