Ombreiro
articulación do brazo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O ombreiro ou ombro é a articulación complexa entre o brazo (ou membro superior) e a cintura escapular, ou sexa, a estrutura do tórax dos vertebrados constituída pola clavícula e pola escápula.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ombreiro.

Porén, o ombro está formado por catro articulacións separadas e por un complexo de músculos.
Remove ads
Articulacións
As articulacións son:
- a articulación glenoumeral, que consiste no encaixe da “cabeza” do úmero na cavidade glenoide da omoplata;
- a articulación acromioclavicular, que liga a clavícula á apófise acromial da escápula;
- a articulación esternoclavicular, entre a clavícula e o esterno; e
- as ligazóns da escápula cos músculos da columna torácica e cervical
Músculos
Os músculos que fan mover o brazo son:
- o pectoral, que empurra o brazo cara a adiante;
- o músculo trapecio, que eleva o ombro;
- o deltoide, nas costas, que empurra o brazo en dirección posterior; e
- o grande dorsal, que empurra o brazo para baixo.
Na ligazón entre o ombro e o pescozo, existe un espazo triangular entre os músculos pectoral e o deltoide, con base na clavícula – a “saboneteira” – por onde pasa a vea cefálica para se xuntar coa vea axilar.
O deltoide, cubrindo a cabeza do úmero, cun conxunto de músculos menores, e que forman a proeminencia do ombro e impiden que esta articulación se desloque (luxación).
O pectoral forma a parte anterior da axila, mentres que a posterior está formada polos músculos grande dorsal e “teres major” ou redondo maior. Os vasos sanguíneos axilares e o plexo braquial atravesa esta rexión.
Remove ads
Galería de imaxes
- O ombro esquerdo, as articulacións acromioclaviculares e os ligamentos da escápula.
- Ombro feminino
- Músculos do ombreiro
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ombreiro ![]() |
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads