Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae
Serie de 50 volumes de fontes primarias de escritores bizantinos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae (CSHB; en galego: Corpus de escritores de Historia Bizantina), tamén denominado Corpus de Bonn, é unha monumental serie de cincuenta volumes de fontes primarias para o estudo da historia bizantina (dende o 330 até o 1453), publicada na cidade alemá de Bonn entre 1828 e 1897. Cada volume contén unha edición crítica dun texto histórico en grego bizantino, acompañada dunha tradución paralela en latín.

Remove ads
Historia
O proxecto, concibido polo historiador Barthold Georg Niebuhr, pretendía revisar e ampliar o orixinal de vinte e catro volumes Corpus Byzantinae Historiae (ás veces chamado Byzantine du Louvre), publicado en París entre 1648 e 1711 baixo a dirección inicial da erudito xesuíta Philippe Labbe.[1][2] A serie tivo primeiro a súa sede na Universidade de Bonn; con todo, tras a morte de Niebuhr en 1831, a supervisión do proxecto pasou ao seu colaborador Immanuel Bekker na Academia Prusiana das Ciencias de Berlín.[3]
Aínda que o primeiro volume da serie recibiu eloxios polo seu "minucioso coidado e atención" aos detalles textuais, os volumes posteriores producidos baixo Bekker fixéronse infames polos seus frecuentes erros de imprenta, a súa descoidada execución e a súa falta de fiabilidade xeral.[4][5][6] Por mor destas carencias, a Asociación Internacional de Estudos Bizantinos creou en 1966 o Corpus Fontium Historiae Byzantinae para reeditar moitos dos textos incluídos na edición de Bonn da CSHB.

Remove ads
Volumes
- 1: Agathias, edición Niebuhr (Bonn, 1828)
- 2: Anna Comnena, edición Schopen, vol. 1 (Bonn, 1839)
- 3: Anna Comneno, edición Reifferscheid, vol. 2 (Bonn, 1878)
- 4: Miguel Ataliates,edición Bekker (Bonn, 1853)
- 5: Ioannes Cantacuzenus, edición Schopen, vol. 1 (Bonn, 1828)
- 6: Ioannes Cantacuzenus, edición Schopen, vol. 2 (Bonn, 1831)
- 7: Ioannes Cantacuzenus, edición Schopen, vol. 3 (Bonn, 1832)
- 8: Georgius Cedrenus, edición Bekker, vol. 1 (Bonn, 1838)
- 9: Georgius Cedrenus, edición Bekker, vol. 2 (Bonn, 1839)
- 10: Laonicus Chalcondyles, edición Bekker (Bonn, 1843)
- 11: Chronicon Paschale, edición L. Dindorf, vol. 1 (Bonn, 1832)
- 12: Chronicon Paschale, edición L. Dindorf, vol. 2 (Bonn, 1832)
- 13: Ioannes Cinnamus, Nicephorus Bryennius, edición Meineke (Bonn, 1836).
- 14: Codinus Curopalates, edición Bekker (Bonn, 1839)
- 15: Georgius Codinus, edición Bekker (Bonn, 1843)
- 16: Constantino Porphyrogenitus, edición J. Reiske, vol. 1 (Bonn, 1829)
- 17: Constantine Porphyrogenitus, edición J. Reiske, vol. 2 (Bonn, 1830)
- 18: Constantino Porphyrogenitus; Hierocles, edición Bekker, vol. 3 (Bonn, 1840)
- 19: Dexippus, Eunapius, Petrus Patricius, etc., edición Bekker e Niebuhr (Bonn, 1829)
- 20: Ducas, edición Bekker (Bonn, 1834)
- 21: Efraín, edición Bekker (Bonn, 1840)
- 22: Georgius Syncellus, Nicéforo Cp, edición L. Dindorf, vol. 1 (Bonn, 1829)
- 23: Georgius Syncellus, Nicephorus Cp, edición L. Dindorf, vol. 2 (Bonn, 1829)
- 24: Michael Glycas, edición Bekker (Bonn, 1836)
- 25: Nicéforo Gregoras, edición Schopen, vol. 1 (Bonn, 1829)
- 26: Nicéforo Gregoras, edición Schopen, vol. 2 (Bonn, 1830)
- 27: Nicéforo Gregoras, edición Bekker, vol. 3 (Bonn, 1855)
- 28: Historia Politica et Patriarchica Constantinopoleos; Epirotica, edición Bekker (Bonn, 1849)
- 29: Ioannes Lydus, edición Bekker (Bonn, 1837)
- 30: Leo Diaconus, etc., edición Hase (Bonn, 1828)
- 31: Leo Grammaticus, Eustathius, edición Bekker (Bonn, 1842)
- 32: Ioannes Malalas, edición L. Dindorf (Bonn, 1831)
- 33: Constantinus Manasses, Ioel, Georgius Acropolita, edición Bekker (Bonn, 1837)
- 34: Merobaudes, Corippus, ed. Bekker (Bonn, 1836)
- 35: Nicetas Choniates, ed. Bekker (Bonn, 1835)
- 36: Georgius Pachymeres, edición Bekker, vol. 1 (Bonn, 1835)
- 37: Georgius Pachymeres, edición Bekker, vol. 2 (Bonn, 1835)
- 38: Paulus Silentiarius, George Pisida, Nicephorus Cpolitanus, edición Bekker (Bonn, 1837)
- 39: Georgius Phrantzes, Ioannes Cananus, Ioannes Anagnostes, edición Bekker (Bonn, 1828)
- 40: Procopio, edición K. Dindorf, vol. 1 (Bonn, 1833)
- 41: Procopio, edición K. Dindorf, vol. 2 (Bonn, 1833)
- 42: Procopio, edición K. Dindorf, vol. 3 (Bonn, 1838)
- 43: Theophanes Confessor, edición Classen, vol. 1 (Bonn, 1839)
- 44: Theophanes Confessor, edición Classen, vol. 2; Anastasius, edición Bekker (Bonn, 1841)
- 45: Theophanes Continuatus, Ioannes Cameniata, Symeon Magister, Georgius Monachus, edición Bekker (Bonn, 1838)
- 46: Theophylactus Simocatta, edición Bekker (Bonn, 1834)
- 47: Ioannes Zonaras, edición Pinder, vol. 1 (Bonn, 1841)
- 48: Ioannes Zonaras, edición Pinder, vol. 2 (Bonn, 1844)
- 49: Ioannes Zonaras, edición Büttner-Wobst, vol. 3 (Bonn, 1897)
- 50: Zósimo, edición Bekker (Bonn, 1837)
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads