Barthold Georg Niebuhr

From Wikipedia, the free encyclopedia

Barthold Georg Niebuhr
Remove ads

Barthold Georg Niebuhr, nado o 27 de agosto de 1776 en Copenhague e finado o 2 de xaneiro de 1831 en Bonn, foi un historiador e político alemán de orixe danesa, fillo do explorador e cartógrafo Carsten Niebuhr.

Remove ads

Traxectoria

Profesor da Universidade de Berlín desde 1810, foi pioneiro no uso do novo «método histórico crítico» nos seus traballos. A súa obra máis importante é a clásica Historia de Roma (Römische Geschichte).

Tamén concibiu un proxecto no que pretendía revisar e ampliar o orixinal de vinte e catro volumes do Corpus Byzantinae Historiae (ás veces chamado Byzantine du Louvre), publicado en París entre 1648 e 1711 baixo a dirección inicial da erudito xesuíta Philippe Labbe.[1][2] A serie, de 50 volumes de autores bizantinos denominouse Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae e tivo primeiro a súa sede na Universidade de Bonn; con todo, trala morte de Niebuhr en 1831, a supervisión do proxecto pasou ao seu colaborador Immanuel Bekker na Academia Prusiana das Ciencias de Berlín.[3]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads