Coslada
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Coslada é un municipio pertencente á Comunidade de Madrid. Pertence á comarca do Corredor del Henares e a súa proximidade a Madrid fai que se encadre na área de influencia da capital, aínda que Coslada sempre se configurou como unha cidade independente.
En Coslada está situado o Porto Seco da Comunidade de Madrid, o que a converte nun punto estratéxico. A maioría das empresas de transporte de mercancías importantes que operan en España teñen sucursal en Coslada. O outro grande activo económico de Coslada é a súa proximidade co Aeroporto Internacional de Barajas, onde traballa gran parte da súa poboación.
A poboación actual é de 91.906 habitantes (INE 2006) e o seu teito demográfico está cifrado en 130.000 habitantes, o cal probablemente alcanzará trala finalización do barrio do Jarama. Trátase dun municipio cosmopolita onde están censados máis de 15.000 estranxeiros, os cales supoñen actualmente un 12% da poboación censada.
Remove ads
Demografía
Evolución da poboación desde 1785 ata 2006
| |||||||||||
1785 | 1899 | 1960 | 1970 | 1975 | 1980 | 1992 | 1996 | 2001 | 2003 | 2004 | 2006
|
64 | 264 | 324 | 3.695 | 13.412 | 33.434 | 53.980 | 71.129 | 77.103 | 82.412 | 87.904 | 91.906 |
Cidades irmás
San Jose de las Lajas, Cuba
Urleta, Romanía
, Nejapa, O Salvador
Guardamar, España
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ayuntamiento de Coslada Arquivado 17 de decembro de 2014 en Wayback Machine., Concello de Coslada.
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads