San Blas-Canillejas

20º. distrito da cidade de Madrid, España From Wikipedia, the free encyclopedia

San Blas-Canillejasmap
Remove ads

San Blas-Canillejas[1] é un distrito da cidade de Madrid situado no leste da cidade.

Datos rápidos Localización, Contén a división administrativa ...

Limita polo norte cos distritos de Hortaleza e Barajas, polo leste co concello de Coslada, polo sur co distrito de Vicálvaro, polo sur co distrito de Ciudad Lineal. Ten unha superficie 22,29 km² e unha poboación de 161.219 habitantes no ano 2023.[2] Anexionáronse ao municipio de Madrid en 1949.[3] En 2012, realizaron o cambio do nome do distrito de San Blas por San Blas-Canillejas.[4]

Remove ads

Datos históricos

Esténdese ao sur da estrada de Barcelona e ao leste da rúa Hermanos García Noblejas (denominada desde 2017 avenida da Institución Libre de Enseñanza, prolongación da Ciudad Lineal. No seu ámbito hai terreos que pertenceron aos concellos de Canillejas, Barajas, Vicálvaro e Canillas. Ten un carácter mixto: residencial e industrial, ambas as actividades agrupadas; a primeira nos barrios de Simancas e San Blas, e a industrial en García Noblejas (denominada desde 2017 avenida da Institución Libre de Enseñanza) - Julián Camarillo e no eixo da estrada de Barcelona. Ata despois da Guerra Civil a zona non adquire valor como área de posible expansión da Vila. O Polígono do Gran San Blas, construído a finais dos anos sesenta do século XX, foi un exemplo de barrio de promoción pública, destinado a absorber os amplos núcleos chabolistas existentes en Madrid naqueles anos.[5]

Remove ads

Barrios

Este distrito está dividido en oito barrios:[6]

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads