Craniados
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O dos craniados (Craniata), ás veces denominado craniotas (Craniota), é un clado proposto do filo dos cordados, sen categoría taxonómica, que inclúe dous grupos viventes, os mixíns (Myxini) e os vertebrados (Vertebrata), que á súa vez comprende os hiperoartios (Hyperoartia) —entre eles as lampreas— e os gnatóstomos (Gnatostomata) ou vertebrados con mandíbulas.[1][2] Abarca, por tanto, todos os animais con cranio, xa sexa este óseo ou cartilaxinoso, feito do que deriva o seu nome.
O termo craniados propúxose para substituír o antigo uso do termo vertebrados (vertebrados en sentido amplo). A principal diferenza entre a antiga e a nova interpretación de "vertebrados" é que os mixíns quedan fóra dos vertebrados en sentido estrito, xa que carecen de verdadeiras vértebras.[3] O termo Vertebrata debe usarse en sentido estrito para incluír só aos craniados con auténticas vértebras (lampreas e vertebrados con mandíbulas), tal como se pon de manifesto no seguinte cladograma:
Craniata |
| ||||||||||||
O termo "Vertebrata", usado en sentido amplo, é sinónimo de "Craniata", e inclúe os mixíns, que non posúen auténticas vértebras; si usamos Vertebrata en sentido estrito (só os cordados con vértebras), debe excluirse dito grupo. Porén, hai evidencias que xustifican que os mixíns deben ser incluídos entre os vertebrados.[4]
Remove ads
Características
As principais características dos craniados son:[5]
- Cranio inicialmente cartilaxinoso e fibroso.
- Cerebro dividido en cinco partes, rombencéfalo, metencéfalo, mesencéfalo, diencéfalo e telencéfalo, que se continúa posteriormente nunha medula espiñal.
- Con polo menos sete nervios craniais: nervio olfactorio (I), nervio óptico (II), nervio trixémino (V), nervio facial (VII), nervio auditivo (VIII), nervio glosofarínxeo (IX) e nervio vago (X).
- Presenza da liña lateral, órgano sensorial usado para detectar o movemento e a vibración da auga circundante (ausente nos amniotas).
- Presenza de hipófise.
- Presenza de aleta caudal (que desparece nos tetrápodos).
- Aparello circulatorio composto por arterias, veas e capilares.
- Corazón en posición ventral con polo menos dúas cámaras, atrio (aurícula) e ventrículo.
- Con páncreas (inicialmente disperso ao longo da parte anterior do tubo dixestivo), glándula produtora de enzimas e hormonas (glicagón e insulina) que regulan o nivel de glicosa no sangue (glicemia).
- Con fígado con diversas funcións metabólicas, entre elas segregar bile
- Con riles, cuxa unidade funcional é o nefrón.
- Con polo menos un canal semicircular no oído interno
Remove ads
Árbore filoxenética
- Deuteróstomos
- Cordados
- Cefalocordados
- Olfactores
- Urocordados
- Craniados
- Myxini
- Vertebrados
- Petromizontiformes
- Gnatóstomos (vertebrados con mmadíbulas)
- Condrictios (peixes cartilaxinosos)
- Osteíctios (peixes óseos)
- Actinopterixios (peixes con aletas radiadas)
- Sarcopterixios (peixes conb naletas carnosas)
- Actinistios (celacanto)
- Ripidistios
- Dipneustos
- Tetrápodos
- Lisanfibios
- Amniotas
- Saurópsidos
- Anápsidos
- Testudines (tartarugas)
- Diápsidos
- Lepidosauria
- Sphenodontida (tuátara)
- Squamata (serpes)
- Archosauromorpha
- Crocodylia (crocodilos)
- Lepidosauria
- Sinápsidos (dos que derivaron os Mamíferos)
- Anápsidos
- Saurópsidos
- Cordados
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads