Cristina Saavedra
xornalista galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Cristina Saavedra Pita, nada na Coruña o 13 de novembro de 1975, é unha xornalista galega.
Remove ads
Traxectoria
Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, iniciou a súa traxectoria profesional como reporteira na Televisión de Galicia (TVG) onde posteriormente foi presentadora de informativos durante catro anos.
No ano 2000 pasou a Antena 3, onde presentou o programa do corazón Ahora, un espazo que comezou sendo diario (de luns a venres) e que nun principio co-presentaba xunto co tamén xornalista galego Liborio García. Finalmente pasou a facerse cargo do programa en solitario e a periodicidade deste pasou a ser semanal, os sábados. Ahora estivo en emisión en Antena 3 durante case seis anos, desde 2000 ata o verán de 2006, emitíndose máis de cincocentos programas.
Pouco despois de que finalizara Ahora, Saavedra fichou por laSexta, onde volveu ó xénero do informativo. Desde setembro de 2006, é correspondente e reporteira de La Sexta Noticias; máis tarde pasou a ser a presentadora principal.[1]
Remove ads
Vida persoal
Tivo dúas irmáns, que faleceron de novas.[1] A súa parella é o tamén presentador, neste caso deportivo, Manu Carreño, co que iniciou relación a mediados da década de 2000.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads