Cruz grega
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A cruz grega ou crux immissa quadrata é unha cruz formada por catro brazos de igual medida que intersecan en ángulo recto.


Arquitectura
En arquitectura a intersección de nave e transepto confire ás igrexas unha planta de cruz. Fálase de planta de cruz grega para as igrexas nas que nave e o transepto teñen o mesmo longo e se intersecan á metade da súa lonxitude. Cando a nave e o transepto son de diversa lonxitude, fálase de planta de cruz latina.[2]
A planta de cruz grega é típica da arquitectura bizantina: o prototipo é a xa destruída Igrexa dos Santos Apóstolos en Constantinopla, recreada despois en Italia durante o alto medievo, pero case completamente substituída pola cruz latina coa chegada do románico. Un famoso exemplo de igrexa con cruz grega de inspiración bizantina é a Basílica de San Marcos de Venecia. Nas igrexas ortodoxas de Europa Oriental a cruz grega foi usada desde a Idade Media ata a actualidade, utilizándose para describir a súa planta o termo cruz en cadrado, cúpula en cruz ou igrexa inscrita en cruz.[3] Unha forma particular é i tetraconch (catro cunchas).[4]
A planta de cruz grega foi retomada en Italia central durante o Renacemento, cando se construíron varios edificios de planta central: Filippo Brunelleschi experimentouna na Sancristía Vella de San Lourenzo e usouna na Capela dei Pazzi. Suxestionados polo resultado quedaron os irmáns da Sangallo: primeiro Giuliano realizou a Basílica de Santa Maria delle Carceri en Prato, logo Antonio da Sangallo proxectou a igrexa de San Biagio en Montepulciano; do mesmo período son tamén o Templo de Santa María da Consolación de Todi (de atribución incerta) e o proxecto orixinario de Donato d'Angelo Bramante e de Michelangelo para a Basílica de San Pedro no Vaticano. Bramante reintroduciu esta tipoloxía tamén no norte de Italia. Outro exemplo de igrexa con cruz grega é a igrexa de Sant'Egidio, máis coñecida como igrexa de Sangallo, en Cellere (provincia de Viterbo).
Coa Igrexa do Gesù en Roma e coa modificación do proxecto de San Pedro, os experimentos de planta con cruz grega termináronse, para aplicar mellor a harmonía propia do Renacemento a través do emprego de plantas con cruz latina. Con todo, durante o Barroco, Pietro da Cortona realizou a Igrexa dos Santos Luca e Martina en Roma recorrendo a unha cruz grega lixeiramente alargada; ademais pódense considerar plantas de cruz grega a Igrexa de San Carlo ai Catinari (tamén en Roma) e a capela da Sorbona, en París.
En Galiza hai varios templos construídos con planta de cruz grega, como a Concatedral de San Xiao de Ferrol.
Remove ads
Vexiloloxía
En vexiloloxía, a cruz grega aparece en bandeiras de diversos países, como a bandeira de Suíza ou a bandeira de Malta. Outro exemplo de estandarte con cruz grega é a cruz de San Xurxo.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads